Skip to Content

Actividades

ROMERÍA D'ENCANTO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres 15 de maio celabramos o Día das Letras Galegas no entorno da Torre de Celas. Alí pasamos un día de romería todos xuntos. Foi moi divertido.

 

CONCERTO "DE AQUÍ PARA ALÁ"

Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o martes 12 de maio,  o Concello convidounos a un concerto didáctico no I.E.S. Universidade Laboral. Titulábase "DE AQUÍ PARA ALÁ". Foi moi divertido ... ademáis os nosos profes Bea e Iván subiron ao escenario a bailar.

 

O PRIMEIRO PICASSO NO MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA

O mércores 6 de maio achegámonos ao Museo de Belas Artes para vela exposición "O PRIMEIRO PICASSO" despois de investigar sobre este famoso pintor nas escolas. Alí ademáis de ver parte da súa obra, tamén fixemos de pintores e debuxamos un retrato de PABLO PICASSO. Foi moi interesante estar no museo.

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

O 23 de abril é o Día do Libro. Uns días antes apareceron nas nosas escolas uns paquetes voando que tiñamos que abrir ese xoves 23. Así o fixemos e dentro había UN CONTO que despois nos leu a profe.

Ao día seguinte, venres 24, leváronnos á Choeira para visitala Biblioteca do CRA. Alí estaba esperándonos a DRAGONA RAMONA para contarnos "A FANTÁSTICA LENDA DA PRINCESA E O DRAGÓN". Despois fixemos talleres literarios e o pasamos moi ben.

 

DÍA DA ÁRBORE, O 21 DE MARZO

O día 21 de marzo é o Día da Árbore, pero nós o celebramos o luns 23 no Xardín Botánico de Culleredo.

VISITA AO CASTELO DE SAN ANTÓN - A CORUÑA

O 13 de marzo visitamos o castelo de San Antón en A Coruña. Foi unha visita moi interesante.

ENTROIDO 2015

O 13 de febreiro celebramos a festa do Entroido as DAMAS e CABALEIROS de Culleredo, eso si, baixo as ordes dos DRAGÓNS que nos acompañaron en todo momento. Houbo torneo, baile, banquete ... todo un acontecemento. Pasámolo moi ben.

Moitas grazas aos pais, nais, avós, avoas e demais que nos acompañaron nesta festa tan  medieval.

Aquí queda unha mostra do que vivimos ese día.

30 DE XANEIRO DE 2015 UNHA MURALLA MEDIEVAL EN PAZ

O  30 de Xaneiro creamos entre todos unha muralla de paz coa axuda de todo o alumnado do CRA e cantamos a canción "LA MURALLA".

 

FESTIVAL DE NADAL

O xoves 18 de decembro xuntámonos na escola de A Choeira para cantar as nosas panxoliñas. Pasámolo moi beeeen!


POSTAL DE NADAL

O luns 15 de decembro achegouse ás nosas escolas o Carteiro Real e deixounos unha mensaxe. Nós contámoslle os nosos desexos.

Distribuir contido


by Dr. Radut