AS CONTAS MANDAN
Bo martes, familia!
Hoxe imos retomar unha das miñas actividades favoritas, o manexo dos números. Empezaremos por un conxunto de xogos ao que xa estamos acostumados porque o empregamos habitualmente na escola, Papelillos, da editorial Algaida. Aínda que tedes moitas actividades relacionadas cos números, tamén podedes remexer e fedellar nas outras. A ver canto aprendedes!!
Dende a Asociación Mundial de Educadores Infantiles (AMEI) nos ofrecen un xogo online para contar obxectos. Inclue 4 xogos ou niveis de dificultade. Hai que estar superatentos para que as contas saian!
Sobre estas líneas tedes un xogo de sumas sen apoio visual, ata 20, elaborado por Arcademics. É unha carreira de motos de auga, na que podes xogar con outros xogadores. A ver quen chega antes á meta!! Puro exercicio de cálculo mental.
E para rematar imos cun xogo de restas, agora si, con apoio visual. Xogo aportado de novo pola editorial Algaida. Resulta moi visual para entender o concepto da resta. Ánimo, que ides ser uns expertos nas contas!! Ah! e tede algo de paciencia que tarda en cargar.