NORMALIZACIÓN
Homenaxe a Neira Vilas
Hoxe os nenos/as de primaria do CRA foron ata Gres para participar nun acto na memoria do noso benquerido Dn. Xosé Neira Vilas polo cabodano do seu pasamento.
Chegamos alí nunha fría pero increible mañán que semellaba escollida para nós. Non estabamos sós. Acompañábanos o gran músico Roi Casal que nos agasallou cun concerto de arpa para nós sós.
Despois de ensaiar un pouco chegaron as autoridades e comezou a nosa actuacción: recitamos dous poemas e cantamos a canción da Xoaniña andeira.
Un gran día que rematou cun batido na de Rafael en Ponteledesma, o agasallo do libro inédito de Neira Vilas " Quique na aldea" e un cento de cousas que contar.
Visita a Fundación Neira Vilas
Enviado por admin o Xov, 02/06/2016 - 22:54 Hoxe, o CRA. Boqueixón-Vedra,
foi rendir unha pequena homenaxe a Xosé Neira Vilas e a súa muller Anisia Miranda
ata a parroquia de Gres.
Fixemos entrega duns pequenos agasallos para a colección de xoguetes de Pepe e cantamos a canción do poema da xoaniña e os xenerais fixeron os atranques na súa honra.
Ali tivemos a oportunidade de contar co espectáculo do Mago Christian e co teatro de sombras, baseado na obra Memorias dun neno labrego, na escena do rebusque. Adaptación feita e interpretada polo profesorado.
![]() |
![]() |
Create your own photo slideshow |
