Festas, conmemoracións e saídas

SEMANA DA PRENSA

Do 4 ao 8 de marzo conmemoramos a semana da prensa. Nesta semana levamos a cabo distintas actividades relacionadas coa prensa.

Deste xeito, vimos periódicos dixitais e tamén os manipulamos para coñecer as diferentes seccións e consultamos distintas temáticas como as especies invasoras en Galicia e noutras comunidades autónomas.

Tamén aproveitamos  que nesta semana tamén conmemoramos o 8M, para buscar  novas onde as mulleres destaca nalgún ámbito.

Por outra parte, traballamos outras seccións de acontecementos nas escolas  ou na contorna.

Nalgunhas escolas, mesmo preparamos un recuncho con distintos medios de comunicación antigos como radios, teléfonos, máquinas de escribir... e todo iso foi posible, grazas á colaboración das familias, sempe dispostas a axudar no que faga falta.

Agardamos que vos guste este pequeno vídeo resumo que preparamos!! 

 

CONSEGUIMOS AS PRIMARIAS

Non podemos estar máis felices nin máis orgullosos e orgullosas da comunidade educativa deste CRA. Familias, profesorado, e concello implicáronse ao máximo para que as escolas de Boqueixón volveran a contar co 1º ciclo de primaria, e que mellor xeito de comezar o mes de marzo, que con esta gran nova. Deste xeito, a partir de setembro, contaremos coa mesma oferta educativa nas seis escolas do CRA, o que demandábamos dende fai anos e que creaba desigualdade entre as escolas. Grazas á ANPA, ao porfesorado que, dou e, como sempre, vai seguir dando o mellor, ao concello e particularmente ao alcalde, Don Ovidio Rodeiro Tato, que sempre confiou no traballo da escola rural, na súa calidade educativa e persoal. 

Agora só queda que as familias sigades confiando e apostando pola escola rural en xeral, e no CRA Boqueixón Vedra "Neira Vilas" en particular, e como di o noso lema, "Educando en familia", continuar colaborando na formación do voso ben máis prezado, os vosos fillos e fillas.

Grazas, grazas e mil grazas por tanto!!!

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 24-25

Iniciamos o proceso de solicitude de praza. PRESENTARASE UNHA ÚNICA SOLICITUDE (ED550B) ANEXO II +ANEXOII bis ASINADA POR ÁMBOLOS DOUS PROXENITORES/AS // TITORES/AS LEGAIS  no centro que se solicita en primeiro lugar  do 1 AO 20 DE MARZO. (formulario normalizado ED550B ORDE do 21 de outubro de 2022)

CÓDIGO CRA BOQUEIXÓN-VEDRA: 15032571

As solicitudes de admisión  cubriranse  (Do 1 ao 20 de marzo) mediante o  formulario normalizado (ED550B)  a través da aplicación de xestión do proceso:  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado  e presentaranse:

A)       

NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA: CUBRINDO A SOLICITUDE NA APLICACIÓN https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado (precísase entrar na aplicación con CHAVE 365 ou certificado dixital) E PRESENTANDO E ASINANDO A SOLICITUDE NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA.

B)       

NAS ESCOLAS DO CRA : IMPRESAS E ASINADAS CUBERTAS A MAN OU CUBERTAS  PREVIAMENTE NA APLICACIÓN  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, IMPRESAS E ASINADAS.

O formulario (ED550B) tamén será facilitado en papel gratuitamente  e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación, así como na WEB  https://www.edu.xunta.gal/centros/craboqueixonvedra/

 

As  listaxes de admitidos e excluídos provisionais  publicaranse antes do 25 de abril  e as  listaxes  definitivas antes do 15 de maio  de 2024.

            A formalización de matrícula será na Secretaría da Sede do CRA do 20 ao 30 de xuño CON CITA PREVIA  chamando ao teléfono 616440471 .

 

RESUMO DA DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

Instancia de Admisión cuberta en  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/  (Pode presentarse directamente na Sede Electrónica ou nas escolas).

Libro de familia.

DNI do neno/a se o ten.

Copia do DNI dos proxenitores.

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información detallada coa normativa reguladora e as solicitudes en galego e castelán.

 

De visita pola residencia de Codeso

O alumnado de Camporrapado visitou a residencia de Codeso, logo de 7 anos da primeira visita.

Como averiguaron que tiñan horta, compartiron a súa sementeira con el@ e a colleita de leituga. E xa sabemos que a ensalada estaba deliciosa.

Aproveitamos un dos nosos burros entroideiros para levarlles a sorpresa. Identificamos as sementes con carteis. Tamén lles levamos o desfile de carrozas de San Cidre. Case non hai ningún residente da nosa zona, polo que aproveitamos o material do entroido para presentarlles a nosa festas.

Fixemos o desfile cantando unha versión carroceira do tradicional "zúmballe ao caneco". Despois cada nen@ presentou a súa carroza. E de recordo démoslle unha das minifotos da carroza das 50 edicións da festa de @oscheasoficial.

A continuación gozamos un dos nosos contos favoritos "as filloas de Manola", contado pola profe Andrea. Fixemos filloas e compartímolas cos maiores. O que lles gustou repartir as filloas e o que lle souberon a grandes e pequenos.

 Despois de unha boa merendola, á que fomos convidad@s, fixemos unha sesión de psicomotricidade na que traballamos con aros e pelotas. Actividade de gran importancia para a rutina diaria dos residentes para manterse activ@s e saudables.

Unha vez rematada a merenda, visitamos as instalacións: vimos as habitacións onde descubrimos pequenas cousas sobre os e as residentes: hai quen ten unha boneca, porque lle gustan os bebés, quen fai mantas de cores marabillosas, quen adora pintar...

Tamén vimos o cuarto de lavadoras, que as máis peques fascinoulles e a sala de rehabilitación, onde estivemos probando todos os aparatos que puideron.

Marcharon cargados de enerxía e de agasallos, debuxos e un detalle moi chulo para cada nen@.

Mil grazas por recibirnos con tanto agarimo. Esperemos poder repetilo.

E grazas ás familias polo carrexamento, se vós sería inviable.

Ao día seguinte falamos sobre esta experiencia. Estaban moi emocionad@s e fixeron uns debuxos do que máis lles gustou que lles mandaremos para a residencia.

Xornada de portas abertas

Este venres, o 1 de marzo, dará comezo o período de admisión no que o alumnado nado en 2021 deberá solicitar praza. Mañá martes, día 27, teremos a xornada de portas abertas. Visítanos e coñece a escola rural!!

 

ENTROIDO 2024

Un ano máis desfrutamos do noso entroido dun xeito máis que especial.

Primeiro traballamos moito, moito nas escolas facendo os nosos disfraces coa axuda das familias nuns marabillosos talleres. Este ano a nosa temática foron as festas das nosas parroquias polo que Camporrapao disfrazouse das Carrozas de San Cidrer, Sergude dos Xenerais da Ulla, Lestedo da Festa da Filloa, San Xián dos Xenerais da Ulla, San Fins da Festa da Orella e Sarandón de festa do San Migueliño.

Tivemos a nosa semana cos mandados do burro e cómo non a nosa convivencia de todas as escolas do CRA para a celebración da nosa festa.

Nun principio queriamos desfilar polas rúas de Lestedo pero por mor do mal tempo tivemos que facer o noso desfile no pavillón de Lestedo, eso sí, acompañados pola nosa Anpa e por moooooitas familias que viñeron a celebrar con nós esta grande festa. 

Cantamos as nosas coplas adaptadas ao ritmo de Zúmballe o Caneco que ideamos na clase de Música ca profe Elena e desfilamos ao ritmo do Chuletón do grupo A Requinta da Laxeira, grandes amigos e coñecidos do CRA.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos e o moito que traballamos.

Xornada de portas abertas

VIVE A ESCOLA RURAL!!

Un Planeta de PAZ

Un ano máis non deixamos pasar a oportunidade de conmemorar o día da PAZ e a non violencia nas nosas escolas. Nesta ocasión, dende o equipo de Convivencia e Benestar propuxéronos traballar un material de un artista, Unai Quirós, que puxo á nosa disposición unha canción que leva por título "Un Planeta de Paz", tamén incorporaba un conto, con ilustracións de Fano, no que puidemos ver bandeiras de diferentes países e cos que apredemos distintos xeitos de acadar a PAZ. Finalmemte, a semana do 30 de Xaneiro, día oficial desta conmemoración, elaboramos galletas para festexar esta xornada e o día da Pomba da Paz, coa que cantamos a canción e compartimos as galletas. Esta iniciativa levouse a cabo en todas as escolas, aproveitando a clase de Relixión, Atención Educativa e Música. Asemade, na clase de inglés e nas titorías tamén levaron a cabo diferentes actividades para realzar a importancia desta data, dende lectura de contos e selección de libros ata murais conmemorativos.

Admisión alumnado nado no 2021

Rematado o prazo para reservar praza nos centros adscritos, xa botamos a andar para acoller ao ao alumnado, que comezará a súa escolaridade do segundo período de infantil o vindeiro curso 24-25. Presentámosvos o vídeo promocional. Poderedes ver un resumo do noso día a día nas nosas escolas, repartindo o seu bo facer entre todas  Na descripción do mesmo, tedes acceso a cada escola en particular e ao CRA en xeral. Agardamos que vos guste!!

En nada colgaremos a información pertinente de cara a solciitude de praza.

Sesión formativa gratuita dirixida a personal e dirección das ANPAs, personal docente dos centros educativos e pais/nais/titores legais.

Sesión formativa gratuita dirixida a personal e dirección deas ANPAs, personal docente dos centros educativos e pais/nais/titores legais.

En el contexto del Grupo de Trabajo de Ciudadanía del Nodo gallego de ciberseguridad CIBER.gal, gracias a la colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, y Amtega, entidad fundadora de CIBER.gal se organiza una sesión formativa gratuita dirigida a personal y dirección de las ANPAs, personal docente de los centros educativos y padres/madres/tutores legales.

Esta actividad  tiene como finalidad concienciar a las ANPAs y al personal docente del ámbito educativo, de la gran cantidad de datos personales que manejan, donde un mal uso de los mismos o un descuido puede provocar brechas de seguridad que pongan en riesgo datos de colectivos protegidos como son los menores de edad. A su vez, ofrecer recursos y buenas prácticas para fomentar la privacidad y la seguridad en la relación de las ANPAs con los centros educativos y los padres, madres y tutores legales.

El formato de la actividad será online, el próximo 23 de enero a las 17:30, con una duración de 70 minutos. Las inscripciones están abiertas a través del siguiente enlace.

El desarrollo de la sesión seguirá la siguiente estructura:

  • Protección de datos en el ámbito educativo
  • Relación de las ANPAS con los centros educativos
  • Relación de las ANPAS con los padres o tutores legales y alumnos
  • Datos personales identificativos, económicos, de carácter social, profesional e imágenes
  • Consentimiento expreso, aspecto clave.
  • Derechos en materia de protección de datos.
  • La figura del Delegado de Protección de Datos.
  • Brechas de seguridad 

 

  • Casos prácticos:
  • Tratamiento y publicación de imágenes
  • Promoción y participación en actividades
  • Uso de mensajería instantánea (WhatsApp)
  • Redes sociales

 

  • Recursos AEPD - Ámbito educativo

 Esperamos que resulte de su interés.

Reserva de plaza para o alumnado que continúa estudos no CPI Antonio Orza Couto e no CPI de Vedra

INICIO DO PRAZO DE RESERVA DE PLAZA PARA O ALUMNADO QUE CONTINÚA ESTUDOS NO CPI Antonio Orza Couto e no CPI de Vedra.

Tal e como se recolle na Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C), a Consellería de Educación vén de abrir o procedemento de Reserva de praza en centros adscritos. (ED550A)

O alumnado que remata os seus estudos no CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas" e desexa continuar nos centros adscritos CPI Antonio Orza Couto (escolas de Camporrapado e Sergude) ou CPI de Vedra (escolas de Lestedo, San Xian, San Fins e Sarandón), deberá solicitar a reserva de praza dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ED 550A).

A solicitude pódese presentar:

- Por vía electrónica, mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática de admisión de alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

- Ou presencialmente no CRA entregando cuberto o Anexo ED 550A nas diferentes escolas, onde tamén teredes á vosa disposición os impresos de solicitude.

Para calquera dúbida que poidan ter diríxanse á dirección do centro no teléfono 616440471

Festa de Nadal

Que mellor maneira de despedir o trimestre con unha festa na que todos os nenos e nenas, coas familias, puideran participar na mesma.

Para iso, viaxamos ata a Casa da Cultura de Camporrapado onde nos agardaban os e as compis desta escola xunto a moitas profes e as Maimiñas, grupo que gozamos grazas á nosa querida ANPA. Coas Maimiñas puidemos cantar, bailar e sobre todo rir con un espectáculo que intentou meter a todos e todas no mesmo.

Ao rematar a actuación baixamos para degustar chocolate con panettone, biscoito, turrón e galletas e mesmo tivemos uns obradoiros por parte do profesorado. Así, a quen lle apeteceu, puido levar para casa un reno, un boneco de neve ou unha árbore de Nadal.

A continuación, xogamos e logo de despedirnos, alá subimos ao bus para voltar ás nosas escolas e comezar as vacacións de Nadal.

Ainda que xa vos fixemos chegar os nosos mellores desexos coa nosa felicitación oficial, non queremos perder a opotunidade de desexarvos o mellor e dar as grazas aos concellos e a todas as familias do CRA por confiar en nós o voso tesouro máis prezado: os vosos fillos e fillas. Graciñas mil e boas festas!!

Recomendacións lectoras Nadal

A biblioteca do CRA presenta as recomendacións lectoras para este Nadal tendo en conta as liñas prioritarias do PLAMBE deste curso, o cómic. 

Premedo nas imaxe podedes acceder ás características de cada un deles.

Bo Nadal familias!!!

O CRA Boqueixón Vedra "Neira Vilas" na Cidade da cultura

Unha vez máis sentimos fachenda do noso CRA en xeral e do noso profesorado e alumnado, en particular.

O pasado venres alá fomos ata a Cidade da Cultura para expoñer os nosos lenzos, das poesías de Neira Vilas e a súa dona, Anisia Miranda. Nesta ocasión con motivo da entrega do premio "Arume", de poesía para a infancia, da Fundación Neira Vilas.

Colocamos os lenzos e os asistentes escoitaron con atención a explicación do proceso, por parte do noso mestre Antonio, que moi emocionado convidou a todos e todas a escoitar as poesías grazas aos código QR que levaba cada lenzo integrado.

Obradoiro da ONCE con Cris e Carmen

O 3 de Decembro celébrase o día internacional das persoas con discapacidad, Con motivo desta conmemoración e grazas a Cristina e Carmen, da Fundación ONCE, coñecemos de primeira man, como facer para que unha persoa con déficit visual viva o seu día a día do xeito máis normalizado posible.

Carmen ensinounos como manexar o bastón. Cristina indicounos a mellor forma para guiar a estas persoas e a importancia que ten ter todo recollido ou os perigos que se poden atopar na rúa.

Trouxéronnos diferentes elementos que facilitan o día a día, como unha máquina que recoñece as cores, con tan só acercala á cor. Puidemos ulir rotuladores que nos recordan a algo que sexa de esa cor, como o vermello, que ulía a fresa ou o amarelo, que ulía a limón e así, descubren a cor que ten cada rotulador.

Por outra banda, coñecemos a Braille e o alfabeto que el mesmo inventou e grazas ao que a xente con déficit visual pode ler. Para iso, achegáronnos libros, bonecos cos que aprender este alfabeto, un aparello co que poder escribir e mesmo nos agasallaron co nome de cada neno e nena escrito en braille.

Ademais de desfrutar cos contos, xogamos con un lego en braille e con unha pelota con cascabel que lles axuda a tela localizada, grazas ao son que fai.

Antes de marchar, agasalláronnos con un balón hinchable da ONCE e un bolígrafo.

Como recordo do CRA, levaron todo o noso cariño e agradecemento. A nosa coordinadora de convivencia e benestar, fíxolles entrega dunha bolsa co logo do CRA, elaborada de xeito artesanal por unha artista como é "Lupe, artes decorativas", veciña de Vedra e na que se podía ler o nome de cada unha. Ademáis engadimos unha tarxeta de agradecemento que Carmen leu ante a ilusión de todos e todas.

Non nos cansaremos de agradecer a estas amigas a atención, paciencia e cariño co que chegaron a todas as escolas. Grazas mil!!

Visita de AMABUL

O pasado 29 e 30 de novembro contamos coa visita nas nosas escolas de Miriam, unha das voluntarias da asociación medioambiental AMABUL.

Dita asociación pretende difundir e concienciar acerca da importancia de mellorar e recuperar os espazos naturais da nosa contorna.

Así, Miriam falounos das especies exóticas invasoras que invaden os nosos montes, ríos e demais espazos naturais e que ocasionan graves danos na fauna e flora autóctona.

Entre ditas especies invasoras coñecemos o plumacho ou herba da pampa, o eucalipto e a Tradescantia fluminensis (herba da fortuna).

Acerca desta última, aprendemos que medra nas ribeiras do río Ulla espallándose moi rapidamente e ocasionando a perda da diversidade vexetal autóctona debido a que crea un gran manto que impide a chegada de luz solar ao resto das especies.

Por outro lado, tamén identificamos especies autóctonas como o carballo, o castiñeiro, o acivro e o loureiro. Estas son as que debemos coidar e protexer! Destacando a importancia do acivro o cal xa queda moi pouco...

Moitas grazas AMABUL! Agora os nenos e nenas do CRA Boqueixón Vedra Neira Vilas xa estamos preparados para eliminar as especies exóticas invasoras e apostar pola rexeneración das especies autóctonas.

 

 

HOMENAXEANDO A NEIRA VILAS

Un ano máis, en Novembro, quixemos homenaxear ao noso querido Neira Vilas, un amigo que nos visitou nas nosas escolas e a quen visitamos nós tamén.

Este mes sempre é especial, xa que foi cando naceu e tamén no mes que nos despedimos de el. Por iso, sempre facemos algo moi especial para telo presente.

Nesta ocasión decidimos traballar varias das súas poesías e tamén as da súa dona, Anisia Miranda. A continuación, pareceunos ben ilustralas e plasmar a nosa imaxinación en lenzos, para logo facer unha exposición con todos eles e que os puidérades gozar.

Cada escola escolleu a técnica a empregar e como as nosas familias sempre colaboran en canta cousa nos propoñemos, ata houbo mamás artistas que nos axudaron nesta iniciativa.

Como a nosa cabeza non para, quixemos que cos nosos traballos, puidéramos axudar a alguén e deste xeito, puxémonos en contacto cos servizos sociais dos nosos Concellos. Falando coas traballadoras sociais, estiveron de acordo en que lle entregásemos productos non perecedeiros, para poder axudar a algunha familia dos nosos concellos.

Deste xeito durante 2 fins de semana a exposición puido visitarse, primeiro en Gres e logo Lestedo. Cadaquén trouxo o que considerou e o recaudado levámosllo a Boqueixón e Vedra para que llo fixeran chegar a quen consideraran.

Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver o proceso desta iniciativa. Pola nosa parte, non podemos estar máis orgullosas, orgullosos e agradecidos/as polo resultado final. 

Unha vez máis, grazas familias pola vosa colaboración!!

 

EXPOSICIÓN SOLIDARIA EN LESTEDO

Este pasado sábado inauguramos a nosa exposición de poemas de Neira Vilas e Anisia Miranda na súa casa, na Fundación Neira Vilas. Esta semana coincide que a Fundación está pechada por vacacións. Poderedes gozar das obras dos nosos/as artistas o sábado 2 e o domingo 3 de decembro, en horario de mañán, no baixo do local do campo da feira, de Lestedo. Agardámosvos!! e lembrade que a entrada é de balde pero convidámosvos a que traiades algún producto non perecedeiro, que entregaremos aos servizos socias de Boqueixón e Vedra.
Nesta ocasión tamén colabora con nós, a "A.C. Mestre Manuel Gacio", de Lestedo.
Graciñas mil a todos e todas!!

EXPOSICIÓN SOLIDARIA NA FUNDANCIÓN NEIRA VILAS

Chegou Novembro, un mes moi especial, xa que o dedicamos ao escritor que o noso centro leva o seu nome. Nesta ocasión, para conmemoralo, dende o equipo de Normalización Lingüística propuxeron unha actividade ben bonita e solidaria. Puxémonos a ler poesía e cada escola ilustrou en lenzos 2 poemas de "Cantarolas", "Quique na aldea" e "Cantos de sol a sol". Este martes, membros de este equipo, foron ata a Fundación Neira Vilas a preparar a exposición que teredes á vosa disposición este sábado 25, de 15:30 a 19 horas. Como veredes na invitación, a entrada é de balde, pero a modo de entrada solidaria animámosvos a que traiades algún producto non perecedeiro que logo repartiremos cos servizos sociais de Vedra e Boqueixón. A esposición poderase visitar este sábado e de luns 27 a xoves 30, no horario que aparece nesta publicación.

VISITA FORMATIVA

O pasado 2 de novembro contamos cunha visita moi especial no CRA.

Sandra Mussungo e Nunes Chionga, profesores de Angola do Instituto Superior de Ciencias da Educación de Luanda visitaron dúas das nosas escolas: Sergude e San Fins, pois están a facer unha estadía Erasmus na Universidade de Santiago de Compostela.

Sandra está a facer un doutoramento sobre as prácticas docentes en formación no rural e por iso desde a Facultade de Ciencias da Educación, a través de Zósimo López Pena, docente de Didáctica da Lingua e da Literatura, decidiron mostrarlle as bondades dos CRAs de Galicia polo que nos visitaron como referente de Calidade de traballo no rural.

Foi todo un placer poder contarlles e amosarlles a nosa metodoloxía e forma de traballar. Quedaron moi contentos e encantados co noso traballo...ata nos invitaron a ir a Angola!!!

CELEBRANDO O SAMAÍN!!

          

 

  Esta semana celebramos o Samaín en todas as escolas do CRA. O Samaín é un festexo de orixe celta co que culmina a tempada das colleitas. Desde as escolas preparamos diferentes actividades:

  • Decoramos as aulas con arañas, bruxas, pantasmas, cabazas...
  • Fixemos merendas terroríficas: tumbas, pantasmas, vasoiras, riquísimas pizzas con formas monstruosas e moitas cousas máis.
  • Lemos contos con temáticas de medo.
  • Preparamos actividades para os diferentes ambientes.
  • Expuxemos as cabazas e vasoiras decoradas na casa.
  • Xogamos coa luz negra creando ambientes terroríficos.

O martes 31 viñemos tod@s disfrazad@s gozando así desta gran festa.

PASABODEGUIÑAS´23

         

Un ano máis, puidemos xuntarnos en San Miguel de Sarandón para celebrar o xa tradicional Pasabodeghiñas. O tempo non nos deixou desfrutar da esencia desta saída, nada máis e nada menos que percorrer os carreiros da aldea de Ximonde e mesmo entrar nas eiras dos veciñ@s, como a do Cabaleiro e a de González, que tan ben nos reciben sempre.

Nesta ocasión foi a Casa da Cultura de Sarandón a que acolleu aos nenos e nenas do CRA e ao alumnado de 2º de Primaria do CPI de Vedra, que se uniron a nós para coñecer un pouco máis de cerca esta nosa tradición e gozar, en primeiro lugar, do contacontos co que nos agasallou o Concello de Vedra da man de Raquel Queizás e que leva por título "Conto me río"..., e tanto que rimos!.

De seguido, foron os xogos populares que a Asociación Cultural San Campio e o Concello de Vedra nos deixaron, os encargados de facernos pasar un rato máis que divertido cos nosos amigos e amigas do CPI de Vedra.

A continuación, a merenda e as castañas foron as protagonistas. Este ano, o profe Antonio, por mor da climatoloxía non puido asalas, e como ben sabemos, Sarandón é unha parroquia na escola e sempre disposta a botar unha man. Nesta ocasión, Chus asounos as castañas na súa panadería, en Sarandón e podémosvos asegurar que estaban deliciosas.

Xa para rematar, fixemos unha representación da queima dos nosos medos con conxuro incluído.

Antes de marchar, alí deixamos as nosas siluetas para decorar o espazo infantil do Pasabodeghas. A nosa idea era estar dalgún xeito presentes nunha festa tan grande e como a temática desta edición era a tradición oral,  acompañamos as siluetas con refráns, cantigas e trabalingüas.

Finalmente, tocou subir aos buses, que tamén nos fai moita ilusión, e marchar para as nosas escolas coa esperanza de que o vindeiro pasabodeghiñas sexa polos camiños da parroquia de San Miguel de Sarandón.

Viva o Pasabodeghiñas!!! Viva o Pasabodeghas!!!....e o millo sen apañar!!!!.

No seguinte vídeo poderedes ver un resumo do que dou de si esta xornada.

Información

Presentámosvos o calendario para este novo curso 2023/24

Premer na imaxe para ampliar 

REUNIÓN INICIO CURSO 2023/24

Este curso, démoslle outra volta a esta reunión de inicio de curso e para non facervos vir a unha reunión xeral na Sede do CRA en Lestedo e despois a outra co titor/a en cada escola, decidimos facela directamente nas escolas para evitarvos un desprazamento. Deste xeito faremos unha presentación xeral do centro seguido da reunión específica co titor/a da vosa escola.

As datas destas reunións serán as seguintes:

MARTES 12 SETEMBRO 2023

16:00 h  CAMPORRAPADO                                                                                           17:00 h  S.XIAN                                                                                                           17:30 h  LESTEDO                                                                                                       18:00 h  SARANDÓN

MARTES 19 SETEMBRO 2023

16:30 h SERGUDE                                                                                                      17:15 h S.FINS   

PERÍODO DE ADAPTACIÓN CURSO 2023/24

Para que vos vaiades organizando, aquí vos deixamos o período de adaptación para o alumnado de tres anos que se incorporan este curso. O resto do alumnado comezará o día 11 de setembro a xornada completa, en horario de 9 a 14 h.

PERIODO DE ADAPTACIÓN

Segundo a Orde de 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024    

 

Do 11 ao 13 de setembro

(luns, martes e mércores)

 

De 11h a 13h

 

O 14 e 15 de setembro

(xoves e venres)

 

De 11h a 13.30h

 

A partir do 18  de setembro

 

De 9h a 14h

 

Información curso 2023/24

Poñemos á vosa disposición as listaxes do material das escolas do noso CRA. Atoparedes a información dos diferentes materiais premendo nos arquivos adxuntos da parte baixa desta publicación. Podedes poñervos en contacto coa AMPA antes de mercarlos.

información curso 2023/24

O período de matrícula para o alumnado de nova incorporación vai do 20 ao 30 de xuño, ámbolos dous inclusive

Co fin de facilitar o proceso, podedes chamar ao número de dirección: 616440471 e resolverei todas as dúbidas que teñades.

Nos arquivos adxuntos atoparedes un documento no que se vos explica toda a documentación que tedes que traer. Por outra parte, tamén adxuntamos o Anexo que deberán cumplimentar para facer efectiva a matrícula, a autorización para cando se fan as saídas pola contorna da escola e o cuestionario de lingua materna, que se refire á lingua que fala habitualmente o neno/a.

Ademáis, informamos a todas as familias que como o 20 de xuño estamos de excursión todo o día e o mércores 21 todos/as os especialistas estaremos percorrendo as escolas par despedirnos do alumnado, empezaremos a recoller as matrículas o xoves 22 na Sede do CRA en Lestedo.

Un saúdo e graciñas!!

Distribuir contido

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión