Biblioteca
RECOMENDACIÓNS VERÁN 2024
Dende o equipo de biblioteca, co obxectivo de promover a lectura en familia, seleccionamos unha serie de recomendacións lectoras para o verán. Premendo en cada imaxe do libro, accédese a información detallada sobre o mesmo. Bo verán familias!!
CAIXAS ROTATORIAS PRÉSTAMO LIBROS
Un ano máis, dende o equipo de biblioteca puxemos a disposición das escolas unha selección de libros repartidos en 6 caixas que rotan polas diferentes aulas unha vez ao trimestre. Cada unha das caixas conta cunha selección de aproximadamante 50-60 libros sobre temáticas diversas e distintos tipos de texto: expositivo, poético, literario, etc. Con estes fondos, as escolas realizan os préstamos semanais.
NOVIDADES BIBLIOTECA
Unha maneira de promocionar os novos fondos entre o profesorado é difundir as fotos coas últimas novidades adquiridas pola biblioteca de maneira periódica.
SECCIÓNS TEMÁTICAS BIBLIOTECA
Durante todo o curso 2023-24 o equipo de biblioteca pon a disposición do profesorado e do alumnado diversas seccións temáticas que abarcan as conmemoracións e/ou datas de interese de cada mes do curso. Así, estas seccións conteñen material que abarca temáticas como: samaín, outono, 25N, nadal, inverno, día da paz, día da ilustración, entroido, día de Rosalía, mulleres na ciencia, día da poesía, día do teatro, día do libro, letras galegas, día do medioambiente...
MOCHILAS CÓMIC
Durante o curso 2023-24 o lema das bibliotecas escolares de Galicia é "unha biblioteca en viñetas" para poñer en valor as posiblidades que a banda deseñada ofrece tanto para o goce lector como para a aprendizaxe curricular nas aulas. Por todo isto, dende a biblioteca do noso cra, seleccionamos unha serie de cómics de diversas temáticas que distribuimos en seis mochilas rotatorias, intercambiándoas entre as escolas unha vez ao mes. Con este material poñemos a disposición do profesorado e do alumnado variadade de temáticas, estilos e novidades de banda deseñada para o traballo nas aulas.
ANIVERSARIO NEIRA VILAS
Durante o mes de novembro conmemoramos a data de nacemento e pesamento de Xosé Neira Vilas, autor que dá nome ao noso Cra. A proposta deste ano baseouse na ilustración e recitado de diferentes poemas do autor e da súa muller, Anisia Miranda. Cada un dos cadros tiña un código Qr, que unha vez escaneado, podíase escoitar o recitado do poema. Con eles fixemos unha exposición na Fundación Xosé Neira Vilas e debido ao seu éxito, posteriormente repetímola no local sociocultural de Lestedo, na asociación cultural San Campio e na Cidade da Cultura, durante a entrega do premio Arume de poesía da Fundación Xosé Neira Vilas. Xa no mes de abril, o Cra presenta esta experiencia nas Xornadas de educación rural que se levarán a cabo na Facultade de Ciencias da educación.
Nos seguintes enlaces podedes ver o traballo previo nas escolas para a realización dos cadros:
https://www.instagram.com/p/Cz9xMaENc3L/
https://www.instagram.com/p/Cz9xMaENc3L/
https://www.instagram.com/p/Cz9xMaENc3L/
Novo audioconto!
Enviado por Anónimo o Lun, 25/05/2020 - 12:07Bo día familia!
"A princesa do Caurel" é o libro que vos propoñemos para escoitar e participar nél.
A través do seguinte enlace poderedes escoitalo:
Unha aperta moi grande a todas e todos!
Novo conto
Enviado por Anónimo o Lun, 18/05/2020 - 20:45Bos días familia!
Esta semana vos propoñemos un novo conto, titulado "Chibos Chibóns". No seguinte enlace podedes escoitalo:
Esperemos que o gocedes!
Nova conto
Enviado por Anónimo o Lun, 04/05/2020 - 09:50Bo día!
Comezamos unha nova semana e vos propoñemos o seguinte conto: "Corre, corre, Cabaciña"
Moito ánimo!
Novo conto
Enviado por Anónimo o Lun, 27/04/2020 - 11:11Bo día!
Esta semana vos propoñmos un novo conto titulado "A vaca que puxo un ovo". No seguinte enlace podedes atopalo. Disfrutadeo!
Hora de ler!
Enviado por Anónimo o Mar, 21/04/2020 - 11:57Bos días familias!
Comezamos esta semana cunha serie de contos que poderemos visualizar e escoitar e que de seguro vos van a encantar!
Cada semana iremos colgando un enlace a un novo, así que estade atentas/os á páxina web.
Esta semana vos propoñemos o conto que se chama "Chocolata", esperemos que vos guste.
Día do Teatro
Enviado por Anónimo o Ven, 27/03/2020 - 12:11Bo día familia!
O 27 de marzo celébrase o día do teatro, e desde os equipos de dinamización da lingua galega e biblioteca queremos facervos a seguinte proposta.
Achegamos un documento co texto “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas. Este conto relata unha vivenza do autor de cando era pequeno.
A proposta que vos facemos é que leades o conto aos vos@s fill@s e que logo fagan un pequeno teatro de monicreques da parte do texto onde Ricardo vai salvar ás pitas da choiva.
Tedes un arquivo anexo coas siluetas e as instrución de montaxe da nosa proposta con imaxes de artistas galegos.
Obras seleccionadas para os monicreques
1: “ A feiranta” Luís Seoane (avoa)
2: “Florisel” Laxeiro (Ricardo)
3: Peza de Sargadelos (galo)
4:Peza de Sargadelos (galiñas)
Agardamos que vos guste o conto e que disfrutedes representándoo.
Día da Poesía
Bo día familias!
O 21 deste mes foi o día da poesía e para conmemoralo desde o equipo de biblioteca seleccionamos 3 retahílas co obxectivo de xogar con este tipo de texto.
A retahíla é un tipo de poesía de tradición oral, rimada e cun ritmo moi rápido. Teñen un carácter lúdico e son un bo recurso para traballar a fluidez verbal, a imaxinación e a memoria.
Que actividades podedes facer para xogar con elas?
-Recitarlla varias veces
-Recitala en eco (recitades un verso e el@s repíteno)
-Recitar o principio do verso e que digan a palabra final, a rimada.
-Recitar un verso e que digan o seguinte.
-Recitala moi, moi despacio e ir incrementando a velocidade ata facelo rapidísimo.
-Recitala saltando, ou poñendo os pelos de punta, tapando o nariz, saltando a comba, inventando un xogo de palmas...
-Podedes gravar un audio recitándoas se vos apetece. E mandalo ao teléfono do cole.
-E gravar retahílas que coñezades e así podemos facer unha colección. Mandádeas ao teléfono do cole. Podedes usalas para botar a sortes a quen lle toca face unha tarefa, quen empeza un xogo....Xa veredes que rápido as aprenden, moito antes ca nós.
Esperamos que desfrutedes da actividade!
DÍA DA TRADICIÓN ORAL
DESDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DO CRA ANDIVEMOS A ARGALLAR UNHA NOVA ACTIVIDADE PARA CELEBRAR ESTE DÍA.
ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR, E A QUE NOS VAIADES MANDANDO COUSIÑAS PARA PODER FACER UNHA BOA RECOLLEITA.
ABRIDE O DOCUMENTO ADXUNTO E A DISFRUTAR!!!!
CRATECA
Enviado por admin o Xov, 05/10/2017 - 01:48
PINCHA NA IMAXE PARA VISITAR O NOSO BLOG DA BIBLIOTECA E VER TODAS CANTAS COUSAS BONITAS FACEMOS COS LIBROS