As nosas escolas
HORARIO E CALENDARIO
HORARIO e CALENDARIO:
O horario do noso centro é de 9 a 14 horas en todas as escolas. Podes poñerte en contacto con nós no teléfono de dirección: 616440471 ou premendo no nome de cada escola, terás o número de contacto de cada unha.
San Xulián de Sales
A escola de S Xián foi unha de esas escolas que, a diferencia do que hoxe en día está acontecendo coa vida das escolas unitarias e seguindo a liña do CRA Boqueixón-Vedra, medra en número de alumnado. Por iso, no curso 2012-2013 habilitouse outra aula. Deste xeito, dende ese momento, infantil está nunha aula e 1º e 2º de primaria están na nova aula. o concello de Vedra ven de facer unha gran mellora nesta escola,a condicionando o piso de arriba, quedando un amplo espazo moi vistoso. O noso teléfono de contacto é: 689593583
San Fins de Sales
San Fins é outra das escolas que o CRA ten no concello de Vedra e no que están alumnado de infantil e 1º e 2º de Primaria. Ten unha ampla zona de xogo con unha aula na que poden facer educación física, desenvolver calqueira actividade e mesmo xogar nos días de choiva. o teléfono de contacto é o 628984564.
Sarandón
Esta escola é a única considerada propiamente CPI e conta con educación Infantil e 1º e 2º de Primaria. Ten un patio renovado e dúas aulas, unha delas, acondicionada fai pouco, polo Concello. Asemade, esta escola ten unha peculiaridade que a fai moi especial e é a relación entre familias e escola, con numerosas saidas conxuntas, fora do horario escoalr, excursión en familia a principio de curso,varias comidas na escola e mesmo a participación do alumnado en certámenes de teatro, como pode ser Teatrofilia, en Vedra. o teléfono de contacto é o 661180447
Sergude
A escola de Sergude é unha das 3 escolas que o CRA ten no concello de Boqueixón. No 2017 tivo unha gran mellora interior, por parte do Concello de Boqueixón o que fixo que se convertira nunha escola moi acolledora. ten unha aula de usos múltiples na que se pode levar a cabo diferentes actividades e xogos. Entre a mestra e as familias están dándolle un xiro ao patio da escola na que a reciclaxe únese ao inxenio e a vangarda. Destaca tamén o seu traballo na horta escolar que posúe, na que chegou haber ata galiñas. O teléfono de contacto é o 616440472
Camporrapado
Esta escola é a que mellor espazo lúdico- educativo ten para o alumnado. Consta de dúas plantas. Na planta de arriba está ubicada a aula na que destacan os espazos de biblioteca, plástica e xogo. Na planta de abaixo, das mesmas dimensións que a de arriba, da pé a levar a cabo a clase de educación física e outras actividades. Conta con un pequeno almacén no que se gardan diferentes materiais, mesmo da horta, na que esta escola leva gran parte da súa actividade curricular. En canto ao patio é de amplas dimensións, no que están situados un areeiro, uns columbios e unha casiña de madeira. Esta escola tamén tivo unha importante mellora por parte do concello. Cabe salientar o inmersa que está a escola na vida da parroquia, facendo pasarrúas no entroidio e mesmo participando nas carrozas do S. Cidre, no mes de maio. Si queres poñerte en contacto con esta escola faino chamando ao 649737678.
Lestedo
Esta escola é a máis céntrica entre as escolas do CRA e máis preto está da sede. Está situada na carretera xeral. Conta con dúas aulas perfectamente equipadas. Nunha delas lévase a cabo propiamente a actividade de aula e a outra aula é onde se desenvolve a materia de Educación física e calqueira outro taller, obradoiro ou similar que se queira levar a cabo en espazos máis amplos. Asemade, conta con un baixo no que se gardan os xogos do patio e no que tamén hai baño. O patio está dotado de columpios, areeiro e zona verde de xogo. O teléfono de contacto é o 616440474
