Blogues

XORNADA DE PORTAS ABERTAS!!

A admisión de matrículas paar o vindeiro curso xa está á volta da esquina e por iso convidámosvos a tod@s os que queirades, a visitar as nosas escolas o luns 11 de marzo en horario de 12 a 13:30. Podedes coñecer calquera delas ou mesmo todas e ver tanto as instalacións como o xeito de traballar nas mesmas. Ven a coñecer un xeito diferente de facer escola, ven a coñecer a escola rural, unha escola para educar en familia!!!

 

 

 

 

UN NOVO RECOÑECEMENTO PARA TODA A FAMILIA EDUCATIVA DO CRA

Na tarde de onte, no Palacio de Fonseca, o noso CRA recibiu un recoñecemento de excelencia e calidade educativa  no ámbito da potencialización da relación coas familias. Este premio veu da man de Familias Mundi co seu presidente e catedrático á cabeza Don Agustín Dosil, encargado de facerlle entrega do recoñecemento á directora do centro, dona Mª Elena García que ata Fonseca se acercou con unha representación do profesorado, xunto con Yolanda Neira, anterior directora e que tamén tivo moito que ver na relación existente entre este centro e as familias. Tampouco faltaron representantes da ANPA, entrantes e saintes, e que entre todos fan que sexa moi doado traballar coas familias en xeral e os nenos e nenas en particular. O recoñecemento é para tod@s, familias e mestres, os que están e os que marcharon pero que sempre permanecerán e que fan posible, que co seu bo facer e ser, o CRA Boqueixón- Vedra "Neira VIlas" teña premios de esta altura. Lóxicamente, un agradecemento aos concellos de Vedra e Boqueixón pola entrega e traballo que amosan para coas nosas escolas no día a día. Esto sólo pode convertirse en seguir dando o mellor de nós para que repercuta no mellor que ten o CRA...os nosos nenos e nenas.

Facendo clic na primeira imaxe,na que a directora ensina o diploma, veredes o momento máis importante da tarde e a intervención de Elena.

 

Aprendendo a plantar e coidas os nosos montes

Comeza o tempo de sementar e neste centro xa nos puxemos mans á obra nas hortas das nosas escolas e mesmo nas casas veciñas. Entrementres, este curso estamos inmersos nun proxecto mediambiental sobre o coidado e conservación dos nosos montes. Porén, levamos a cabo unha plantación de 30 castiñeiros que o distrito 3 de ordes, do servicio de preveción de incendios nos fixo chegar e o concello de Boqueixón, que puxo todas as facilidade spara levar a cabo a plantación nese terreno e e memso fixo achegar a motobomba, unha das auténticas atraccións da xornada. Facendo clic na seguinte imaxe poderedes ver un resumo do que fixemos no epicentro do CRA e que é a testemuña da unión das escolas de Boueixón e Vedra, O Pico Sacro.

 

A nosa sementeira xa está aquí!!

Acabamos de empezar o ano e xa botamos a andar a nosa horta para a vindeira primavera- verano. Deste xeito e como non podía ser de outra forma, reciclamos material para levala a cabo. Porén, aproveitamos botellas de cinco litros de auga para enchelas de terra, fixémoslles un buratiño, sementamos nelas as prantas que escollimos para esta tempada, regamos e incluso fixemos un traballo de lectoescritura para saber que plantas imos ter en cada botella. Primeira parte feita pero isto non queda aquí e asegurámosvos que isto promete.....Seguiremos contándovos!!! Ata pronto...

 

MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

No seguinte enlace podedes ver os libros e materiales das distintas escolas para o vindeiro curso. Bo Verán a tod@s!!

https://www.dropbox.com/home/BA%C3%9AL%20DO%20CRA/MATERIAL%2018-19

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2018/2019

 

A Consellería de educación vén de publicar  a Orde do 9 de maio pola que se regula a participacipación no fondo solidario de libros de texto, e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018/19 (DOG do 21 de maio)

Prazo de presentación: do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018.

Alumnado destinatario: alumnado matriculado no curso 2018/19 en  1º e 2º primaria 

Clicade nos documentos adxuntos para acceder aos anexos e para ampliar a información.

PRAZAS VACANTES NAS ESCOLAS

PENSA EN NÓS

ADMISIÓN 2018-2019

PROCESO DE ADMISIÓN 2018-2019

 DESCARGA A INSTRUCIÓNS

DESCARGA A OFERTA DE VACANTES POR ESCOLAS

 Á HORA DE PRESENTAR A SOLICITUDE HAI DÚAS OPCIÓNS: 

Pódese cubrir a solicitude de xeito telemático ou ben descargar o Modelo ED550B(arquivo pdf editable) e cubrilo e logo imprimilo ou ben imprimilo e cubrilo a man.

 A) OPCIÓN TELEMÁTICA

 

 

 

CUBRIR A SOLICITUDE A TRAVÉS DA APLICACIÓN

 B) OPCIÓN DE DESCARGA DE DOCUMENTO

 DESCARGA E IMPRIME A SOLICITUDE (EDITA O PDF E IMPRIME OU IMPRIME E CUBRE A MAN (Non é preciso cubrir as follas 3 e 5 da solicitude polo momento- sería necesario facelo máis adiante no caso de ter que baremar-)

* A SOLICITUDE IMPRESA ESTARÁ TAMÉN DISPOÑIBLE NAS ESCOLAS E NA SEDE DO CRA.

 HORARIO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

 ESCOLAS  DO CRA ( Camporrapado, Lestedo,Sarandón, San Fins, San Xián, Sergude)

Tódolos días de 9 a 14

SEDE DO CRA BOQUEIXÓN- VEDRA (Vilar s/n- Lestedo)

  • MARTES 16:00-18:00
  • MERCORÉS: 9:00-14:00

Teléfono de Contacto:  616440471

Roboticrá

Proxecto Normalización 17

Plambe 17-18

Proxecto Voz natura 17-18

Seccion Bilingüe

Plurinfantil

Proxecto Lector

Plambe 17-18

Proxecto Linguistico 17-18

Diversidade 17-18

PXA 17-18

NOF17-18

PEC 2017-2018

Distribuir contido