COA TESTA CHEA DE NÚMEROS
Bo mércores, familia!
Hoxe volvemos retomar o traballo con números. Imos empezar por realizar actividades de conteo.
Empezamos co Equipo verde e facemos actividades de conteo ata o número 5. Ahí vai un xogo:
Agora complicamos un pouco a actividade. Contaremos obxectos ata o número 10:
Máis difícil aínda. Teremos que contar un número concreto de vexetais mesturados con outros diferentes. Hai que estar atentos!
O xogo que ven a continuación busca o conteo de animais ata o 20, pero adxudicándolle unha cor diferente a cada animal, para facilitar o proceso. Se premedes en cada animal da táboa varias veces, poderedes cambiar a cor do seu fondo, ata conseguir a que lle corresponde. Logo, so teredes que contar os animais que teñan esa cor. A concentración ten que ser máxima!
A derradeira actividade de hoxe, esixe lectura comprensiva. Trátase de resolver problemas matemáticos básicos (sumas e restas mentais) utilizando 2 personaxes: a galiña Tica e o can Tapo. A ver quen se atreve, é realmente difícil!