Festas, conmemoracións e saídas

QUEBRACABEZAS DAS VOSAS MASCOTAS

Bo venres, familia!

Como son fanática dos quebracabezas e o prometido é deuda, hoxe subo os quebracabezas que fixen das vosas mascotas grazas á aplicación jigsawplanet.

Pero antes, vou facer un resumo dos beneficios cognitivos e emocionais de facer quebracabezas:

Favorecen a capacidade de análise e de elaboración de estratexias.

Melloran a nosa capacidade para resolver problemas e incrementan a tolerancia ante as dificultades e a frustración.

Exercitan a agudeza e a memoria visual.

Traballan a motricidade fina, a orientación espacial e a coordinación.

Melloran a observación e a capacidade de facer comparacións.

Reforzan a perseverancia, a paciencia e esixen organización.

Melloran a atención e a concentración.

Activan a curiosidade.

Axudan a relaxarnos. É un xeito de descanso, que fai que aparquemos durante un tempo os problemas, as situacións que nos preocupan. Por eso mesmo poden servir para controlar o estrés.

Poden favorecer os vínculos familiares e socio-afectivos cando o xogo se comparte entre pais e fill@s ou entre nen@s.

En consecuencia, serven para fomentar a socialización e a linguaxe.

Xeneran satisfacción e elevan a nosa autoestima ante a superación das dificultades.

Permiten a liberación de endorfinas cando logramos encaixar e atopar as pezas o que aumenta a alegría, o benestar mellorando así o noso estado emocional.

Ao conseguir recompensas tamén liberamos dopamina, que é a hormona que fai que nos enganchemos a seguir facendo a actividade para obter máis placer, máis recompensas. Esto sucede tamén cando facemos exercicio físico.

Na terceira idade son unha ferramenta eficaz para controlar a pérdida de memoria, retrasar a demencia senil e o Alzheimer.

Permiten traballar unha infinidade de contenidos educativos: conceptos matemáticos, lectoescritura, profesións, secuencias temporais, estacións do ano, xeografía, anatomía humana, animais, ...

Supoño que por todo eso as aulas de Educación Infantil acostuman a estar repletas de quebracabezas.

 

Agora si que van os vosos quebracabezas. Pinchade na imaxe que queirades facer. Na esquina inferior esquerda tedes un círculo feito con frechas para premer e empezar a xogar.

Algúns quebracabezas teñen as pezas rotadas. As pezas xiran coas flechas do teclado.

Ah! E as veces, quedan pezas escondidas na foto (que se pode desprazar) do lado esquerdo. 

Que os disfrutedes!!

 

CALENDARIO

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión