QUEBRACABEZAS CON ARTE DA TERRA
Enviado por Anónimo o Ven, 22/05/2020 - 13:16
Bo venres, familia!
Como o prometido é débeda, hoxe elaborei os quebracabezas dos land arts superchulos que me enviáchedes a semana pasada. Sodes uns artistas!!
Os quebracabezas foron feitos coa mesma plataforma das veces pasadas: jigsawplantet.com
Tedes que facer o voso e os dos vosos compañeir@s. Quen se atreva con todos vai quedar en cachiños, con tanta peza.
Se pinchades en cada imaxe accededes á aplicación, e para iniciar o quebracabezas tedes que premer no botón con 2 frechas curvas que hai na parte inferior esquerda da pantalla.