CAMIÑANDO ENTRE DINOSAUROS
Boa tarde de luns, familia!
Hoxe veño preparada con actividades relacionadas cos dinosauros, un tema que interesa a moitos dos nos@s rapaces. Para saber un chisco máis do asunto imos comenzar cun vídeo explicativo:
Sobre estas líneas tedes un dos xogos que máis me gustan; os quebracabezas. Na web de arbolabc.com nos ofrecen a posibilidade de construir 6 quebracabezas diferentes de dinosauros e nos dan a opción de poñer máis ou menos pezas.
Na web educaplay.com atopei un xogo de parellas, para os que xa ledes e para os demáis con axuda. Hai que emparellar cada palabra coa parte do corpo do dinosauro á que se refire.
Extraido da web pbkids.org vos propoño un xogo de dinosauros, no que teñen que medir e sumar troncos para construir unha ponte. Primeiro tedes que medir a ponte e logo colocar os troncos. Está en inglés pero resulta sinxelo de comprender.
Na web mundoprimaria.com subiron un xogo para formar os nomes de 6 dinosauros diferentes a partir das letras que compoñen cada nome.
Neste outro enlace accededes unha aplicación para colorear dinosauros online. Se o preferides deixo nos adxuntos algúns debuxos en pdf para imprimir.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Dinosauro1.pdf | 637.76 KB |
Dinosauro2.pdf | 293.36 KB |
Dinosauro3.pdf | 192.65 KB |
Dinosauro4.pdf | 254.45 KB |
Dinosauro5.pdf | 257.35 KB |