blogue deRaquel
A nosa sementeira xa está aquí!!
Enviado por Raquel o Mar, 22/01/2019 - 21:57Acabamos de empezar o ano e xa botamos a andar a nosa horta para a vindeira primavera- verano. Deste xeito e como non podía ser de outra forma, reciclamos material para levala a cabo. Porén, aproveitamos botellas de cinco litros de auga para enchelas de terra, fixémoslles un buratiño, sementamos nelas as prantas que escollimos para esta tempada, regamos e incluso fixemos un traballo de lectoescritura para saber que plantas imos ter en cada botella. Primeira parte feita pero isto non queda aquí e asegurámosvos que isto promete.....Seguiremos contándovos!!! Ata pronto...
MATERIAL ESCOLAR 2018-2019
Enviado por Raquel o Mér, 04/07/2018 - 10:25No seguinte enlace podedes ver os libros e materiales das distintas escolas para o vindeiro curso. Bo Verán a tod@s!!
https://www.dropbox.com/home/BA%C3%9AL%20DO%20CRA/MATERIAL%2018-19
Abalar Móvil
Enviado por Raquel o Lun, 21/03/2016 - 10:52O Abalar Móvil chega tamén ao CRA
A partir de agora poderedes consultar a información dos vosos fill"s a través do teléfono móvil ou da tablet.
Ainda que o CRA non é un centro Abalar propiamente dito, si que podemos acceder aos recursos que esta plataforma da Consellería de Educación nos ofrece.
As familias que descarguen esta aplicación terán ao seu servizo as seguintes funcionalidades:
- Acceder aos datos personais
- Consultar as cualificacións
- Consultar as faltas de conduta
- Consultar e xustificar as faltas de asistencia
- Consultar unha cita de titoría
- Consultar os datos do centro educativo
- Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo
- Consultar as incidencias creadas polo profesorado
Para todo isto, podedes descargar a plicación dende Google Play ou dende App Store. Para máis información facede clic na seguinte imaxe:
De excursión con Henry Moore e Gianni Rodari
Enviado por Raquel o Ven, 18/03/2016 - 10:55Unha nova saída para disfrutar de Henry Moore e Gianni Rodari. Neta ocasión, Fonseca, a praza do Obraddoiro e o auditorio de Abanca, foron os escenarios que percorremos esta mañan. En Fonseca contemplamos arte clásico e coas esculturas do artista inglés, Henry Moore, contemplamos outro estilo completamente diferente. Logo de merendar no Obradoiro, vimos a representación de algúns contos tradicionais do escritor e pedagogo italiano, Gianni Rodari, no Auditorio de Abanca. Xa nos tarda a vindeira saída!!.