Complementarias

SAIDA DE INFANTIL E PRIMARIA Á GRANXA DE BARREIROS

O martes e 13 os rapaces e as rapazas de Infantil e Primaria fixemos unha saída á granxa de Barreiros. Foi toda unha aventura, para algúns a nosa primeira saída. Cando chegamos tivemos unha gran acollida, alí nos esperaban a monitora e dono da granxa para invitarnos a uns bocadillos que nos axudasen a coller forzas para todo o traballo que nos esperaba. Tivemos dous obradoiros de produtos de outono.

PRESENTACIÓN EN GALICIA DO DOCUMENTAL "DENDE O NOSO" (FILMOTECA DE A CORUÑA) + VISITA AO ACUARIO + PRAIA

O venres 15 de xuño tocaba outra vez presentación do documental "Dende o noso" pero esta vez xa no era a nivel nacional, senón autonómico, na Cineteca de A Coruña, o lugar no que empezou todo este proxecto fai 9 meses. Foi moi emocionante compartir películas e comentarios cos rapaces e rapazas do IES de Fene, do CEIP de Cotobade e o de Cangas.

BANDA MUNICIPAL LUCENSE NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE

 
Hoxe tocounos aos máis pequenos que visitamos Lugo para ver a actuación da Banda Municipal Lucense no Auditorio. Encantounos e para celebrar a volta do bo tempo tivemos a sorte de que os profes Juan, Sonia, Marta e Adrián no deixasen un bo trociño de tempo xogando no parque de Albeiros despois de comer. 

Distribuir contido