SAIDA DE INFANTIL E PRIMARIA Á GRANXA DE BARREIROS

O martes e 13 os rapaces e as rapazas de Infantil e Primaria fixemos unha saída á granxa de Barreiros. Foi toda unha aventura, para algúns a nosa primeira saída. Cando chegamos tivemos unha gran acollida, alí nos esperaban a monitora e dono da granxa para invitarnos a uns bocadillos que nos axudasen a coller forzas para todo o traballo que nos esperaba. Tivemos dous obradoiros de produtos de outono. Empezamos coa elaboración da sidra, para o que tivemos que recoller a mazá, levala en carretilla, triturala, prensala para sacar o zume (que probamos e estaba boísimo) e embotellala para que pasado o tempo se convirta en sidra a través da fermentación. Despois pasamos á cociña para o obradoiro de pasteis de mazá e fixemos unhas riquísimas rosas. Case non nos quedou tempo para ver os animais e darlles de comer, así que teremos que regresar pronto.