Complementarias

ANTONIO REIGOSA VISÍTANOS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou esta visita que é todo un privilexio para o alumnado de 4º e 6º curso de Primaria e toda a ESO.

CONCURSO LUGO EMPRENDE

Ábrese o prazo para participar no concurso Lugo Emprende na modalidade A "Concurso de ideas innovadoras de negocio".
Categorías:
-6º de Primaria, 1º e 2º de ESO
-3º e 4º de ESO

SAÍDA A LUGO DA ESO: 1º E 2º PADEL E FUTBOL INDOOR/ 3º E 4º CHARLA EMPRENDER CON ÉXITO NO POLITÉCNICO

Os alumnos e alumnas de Secundaria pasaron a mañá do 29 de abril en Lugo. 1º e 2º tiveron unha mañá maís deportivas coas actividades de padel e fútbol indoor organizadas polo profe de Educación Fïsica.

CHARLA DA USC SOBRE O SISTEMA UNIVERSITARIO

Hoxe martes 28 de abril tivemos a terceira e última charla deste curso da USC onde nos explicaron como funcionaba a Universidade de Santiago, que Campus inclúe, como se accede, que axudas temos, as titulacións que oferta e as notas de corte para acceder a elas, etc.

ACTIVIDADES DE LUGO EMPRENDE PARA 6º DE PRIMARIA E A ESO CO CPI DE SEOANE

O noso cole conxuntamente co de Seoane do Courel  e outros 18 centros da provincia de Lugo foi seleccionado para participar nas actividades do programa Lugo Emprende que ten como obxectivo fomentar entre os xóvenes a cultura emprendedora.

CHARLAS DA USC PARA ESO

Esta semana os alumnos e as alumnas de Secundaria tivemos dúas charlas organizadas polo Departamento de Orientación e a Universidade de Santiago de Compostela sobre "Arquitectura popular" o luns e sobre "Produccións alternativas no agro galego" hoxe xoves 23 de abril. 

O BARCO DA DEPUTACIÓN CHEGA A PEDRAFITA

Hoxe 23 de abril, no día do libro visitounos o barco da Deputación para ensinarnos os diferentes aparellos dun barco: timón, rádar, GPS, redes, etc. e falarnos sobre as reservar da biosfera que temos en Lugo, somos afortunados! Temos 3! As Terras do Miño, os Ancares e a do Río Eo. Falamos de lobos, osos, xabarís, salmóns, lampreas, gatos monteses, aves,...

O NOSO PROFE JAVI PREPÁRANOS UNHA XENIAL E COMPLETA EXPOSICIÓN DE CÓMIC MANGA PARA O DÍA DO LIBRO

Aquí quedan fotos dunha pequena parte desta impresionante exposición nos corredores do centro. Grazas Javi!!

Distribuir contido