SAÍDA A LUGO DA ESO: 1º E 2º PADEL E FUTBOL INDOOR/ 3º E 4º CHARLA EMPRENDER CON ÉXITO NO POLITÉCNICO

Os alumnos e alumnas de Secundaria pasaron a mañá do 29 de abril en Lugo. 1º e 2º tiveron unha mañá maís deportivas coas actividades de padel e fútbol indoor organizadas polo profe de Educación Fïsica.
Os maiores estiveron no Politécnico participando nas actividades do Lugo Emprende, neste caso a charla era "Emprender con éxito" onde escoitaron falar de emprendedores como Bill Gates, Steve Jobs, etc. e aprenderon a diferenza entre invención (creación de algo novo) e innovación (creación de algo novo que funcione no mercado e que a xente desexe compralo). O ponente destacou a importancia de que aquelo co que imos a emprender sexa algo que nos guste, que nos entusiasme e nos ilusione. A través dun taboleiro foi explicando os pasos a seguir para emprender e montar unha empresa e aprendimos conceptos totalmente descoñecidos para nós como o MARKETING LATERAL que é unha das estratexias para xerar produtos innovadores; é un tipo de pensamento creativo, irracional, pouco lóxico,... en contraposición ao pensamento lóxico. Aquí quedan algunhas fotos no salón de actos do centro e da presentación do ponente.

E aquí queda unha pequena mostra do fútbol indoor:

E o vídeo elaborado pola profe de tecnoloxía, Ana, coa axuda de todo  o alumnado de ESO.