blogue deBenjamin
CALENDARIO E MODELO DE CANDIDATURA PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Benjamin o Xov, 03/11/2022 - 19:31En relación á renovación do Consello Escolar, publícanse os seguintes documentos:
-Circular explicando o calendario para a renovación do Consello Escolar
-Convocatoria e explicación da elección dos representantes de pais /nais ou titores/as legais
-Modelo de candidatura de pais /nais de alumnado
O modelo de candidatura pódese descargar da páxina web ou recollelos no colexio, e será remitido unha vez cuberto ó presidente da Xunta Electoral (director do centro) a través da secretaría do centro.
RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022
Enviado por Benjamin o Sáb, 22/10/2022 - 00:00Ó longo do mes de novembro toca a renovación do Consello Escolar e consecuentemente as reunións da Xunta electoral e mesas electorais. Iremos informando (web, Abalar e tablón de anuncios) do proceso a medida que se vaian realizando as Xuntas Electorais.
De momento, envío a primeira circular informativa do sorteo público, para conformar a Xunta Electoral, que será o martes día 25 de outubro ás 11:25, na biblioteca; por si algún/algunha de vos quere estar presente.
Moitas gracias.
VISITA RESIDENTES CAM PEDRAFITA E DEGUSTACIÓN DE ROSQUILLAS
Enviado por Benjamin o Dom, 16/10/2022 - 17:51O pasado venres día 14 de outubro tivemos a gran sorte de recibir a visita dunha representación dos usuarios e usuarias do Centro de Maiores de Pedrafita do Cebreiro, CAM Manuel Villasol. Trouxeron unhas rosquillas feitas por eles e elas, como agasallo para os nosos nenos, puidendo disfrutar así de un rato moi agradable cheo de anécdotas e sorrisos. Dende o CPI Uxío Novoneira queremos agradecer enormemente este momento e convidar aos maiores do noso pobo á celebración do Magosto e esperamos que a un montón de actividades máis.
GUIA DO CURSO 2022_2023
Enviado por Benjamin o Lun, 10/10/2022 - 11:27PROGRAMACIÓNS DOCENTES CURSO 2022_2023
Enviado por Benjamin o Lun, 10/10/2022 - 11:23DATA INICIO VINDEIRO CURSO 2022/2023
Enviado por Benjamin o Mér, 13/07/2022 - 10:48Boas familias, o vindeiro curso 2022/2023 comeza o día 8 de setembro para tódalas etapas (infantil, primaria e secundaria).
Que teñades un bó verán.
Apertas e moitas gracias.
PULPADA E CHURRASCADA FIN DE CURSO 2021/2022
Enviado por Benjamin o Mér, 13/07/2022 - 10:35O pasado día 21 de xuño, tódolos alumnos/as do centro baixamos a gozar da feira de Pedrafita e como non podía ser doutro xeito, do pulpo e o churrasco, para despedir o curso. Unha gozada poder compartir todos xuntos unha comida, acompañados/as dos nosos queridos veciños e veciñas.
