blogue deBenjamin
AVISO POR METEOROLOXÍA : SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE PARA MÉRCORES 18 DE XANEIRO 2023
Enviado por Benjamin o Lun, 16/01/2023 - 17:30A Consellería suspendeu o servizo de transporte para todo o día de mañá mércores 18, iso non implica a suspensión das clases, esa é unha decisión do equipo directivo salvo que a Consellería publique outro comunicado. Neste caso, vista a previsión para o mércores, o máis probable é que se suspendan as clases. De tódolos xeitos, en canto podamos, trasladaremos a decisión a tódalas familias. Moitas gracias e disculpade de novo as molestias.
LOTERÍA NADAL
Enviado por Benjamin o Ven, 18/11/2022 - 13:01Bo día familias,
-Xa tedes na administración de Pedafrita, lotería de Nadal do colexio.
Moitas gracias.
XOGADE BÁDMINTON ESO EN SAN ROMÁN DE CERVANTES
Enviado por Benjamin o Xov, 17/11/2022 - 19:32PUBLICACIÓN DAS CANDIDATURAS PARA A COMPOSICIÓN CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Benjamin o Xov, 17/11/2022 - 13:29No día de hoxe, tras celebrarse a 2ª reunión da Xunta Electoral, publícanse as candidaturas dos distintos sectores de representación no Consello Escolar.
A votación do representante dos pais / nais ou titores legais terá lugar o vindeiro xoves 24 de novembro de 12:30 a 14:30 na biblioteca do colexio.
Anímovos a participar.
Grazas.
CALENDARIO E MODELO DE CANDIDATURA PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Benjamin o Xov, 03/11/2022 - 18:31En relación á renovación do Consello Escolar, publícanse os seguintes documentos:
-Circular explicando o calendario para a renovación do Consello Escolar
-Convocatoria e explicación da elección dos representantes de pais /nais ou titores/as legais
-Modelo de candidatura de pais /nais de alumnado
O modelo de candidatura pódese descargar da páxina web ou recollelos no colexio, e será remitido unha vez cuberto ó presidente da Xunta Electoral (director do centro) a través da secretaría do centro.
RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022
Enviado por Benjamin o Ven, 21/10/2022 - 23:00Ó longo do mes de novembro toca a renovación do Consello Escolar e consecuentemente as reunións da Xunta electoral e mesas electorais. Iremos informando (web, Abalar e tablón de anuncios) do proceso a medida que se vaian realizando as Xuntas Electorais.
De momento, envío a primeira circular informativa do sorteo público, para conformar a Xunta Electoral, que será o martes día 25 de outubro ás 11:25, na biblioteca; por si algún/algunha de vos quere estar presente.
Moitas gracias.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
