DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: proxección de PERSÉPOLIS co alumnado de ESO

Este venres pola tarde vimos a película Persépolis sobre unha familia iraní dende os ollos de Marjane, unha nena iraní que vive a revolución Islámica con 9-10 anos e recorda a súa vida, loitas, triunfos,... con 24 anos a punto de abandonar por segunda vez Irán.

Aquí tedes o enlace para vela en youTube:

QUE CELEBRAMOS? BINGO!!! O MAGOSTO

Este xoves 14 de novembro, pouco despois do San Martiño, celebramos o Magosto con novidades.

UN DÍA DE MEDO NO CPI UXIO NOVONEIRA

Como xa avisamos con antelación, o martes tivemos un día de Halloween-Samaín moi pero que moi emocionante e cargado de sorpresas e actividades. O escenario foi a biblioteca do centro, totalmente ambientada e decorado co traballo que todo o alumnado e algún profesor/a realizamos. Tiñamos ata caixas cheas de arañas e ollos pringosos! 

CALENDARIO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PARA A VINDEIRA SEMANA

A próxima semana celebraremos no colexio o Samaín/Halloween e o Magosto.

O martes 12 de outubro teremos unha tarde de sustos, medos e tradicións coas actidades que as profesoras de Tecnoloxía, Lingua Galega e Lingua Inglesa prepararon para esta tarde.

FOLGA POLA EDUCACIÓN 24 DE OUTUBRO DE 2013

 

Este xoves 24 de outubro está convocada unha folga xeral en tódolos sectores da comunidade educativa: familias, profesorado, alumnado,...

MÁIS PREPARATORIOS PARA O 25 DE NOVEMBRO

No taboleiro da entrada do centro colocamos un panel para recopilar novas en torno á violencia de xénero e á loita pola igualdade no que poden participar tanto docentes como o alumnado de todo o centro.

Ademais os alumnos e alumnas de 6º realizaron este cartel en contra da violencia. 

EMPEZANDO A BUSCAR RECURSOS PARA O HALLOWEEN E O SAMAIN

 

Xa se acercan estas conmemoracións e no centro xa estamos a buscar ideas, xogos, etc.

ACCEDE AOS RECURSOS

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA O 25 DE NOVEMBRO-DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí podedes ver algúns vídeos, campañas publicitarias, etc. e engadr vos mesmas/os outros recursos que atopedes e vos parezan interesantes.

ACCESO A PANTALLA COMPLETA

ESCOLA DE PAIS E NAIS: QUE DEBE SABER UN NENO OU UNHA NENA DE CATRO ANOS

Interesante artigo sobre o desenvolvemento dos nenos e nenas en Idade Infantil con prácticas orientacións para as familias.

ARTIGO DE ALICIA BAYER

Distribuir contido