QUE CELEBRAMOS? BINGO!!! O MAGOSTO

Este xoves 14 de novembro, pouco despois do San Martiño, celebramos o Magosto con novidades. Aínda que había xogos populares como a mariola ou a ra, este ano tamén xogamos ao bingo con castañas (os número sacábaos Javi de 2º vestido de castaña como merecía a ocasión) e contestamos preguntas sobre a nosa terra e cultura no xogo de "Quero ser millonario". Para pechar a sesión degustamos as castañas e chourizos que asaron as e os alumnos de 1º de ESO. 

Na GALERÍA DE FOTOS tedes unha mostra gráfica do divertido da xornada.