Andaina A Fonte do Teixo

PULPADA 2023

PULPADA 2023

 

Ruta dos muíños

Dia marabilloso en Binatur!

Preparándonos para o V Congreso Científico da Montaña!

Os vindeiros 15 e 16 de xuño, o alumnado de primaria e da ESO participaremos deste Congreso no que expoñeremos 7 traballos realizados durante este curso. Nesta edición, a sede será o colexio do Courel. Aquí vos deixamos o programa e cartel deste ano!

Charla da Garda Civil sobre adiccións aos videoxogos e ás drogas!

Hoxe estivo con nós Ramón, da garda civil, contándonos e alertándonos dos perigos MOI REAIS que supoñen os videoxogos para o alumnado de primaria e da ESO. Logo seguiu cos máis maiores falando sobre os riscos de diferentes drogas

2º premio no certame: VII Premios á Ecoinnovación da Fundación ENDESA!!

O alumnado de 4º da ESO participou durante este curso no VII certame que organiza a fundación ENDESA sobre ecoinnovación a nivel nacional. Concorreu co seu traballo de investigación sobre a praga da avispiña dos castiñeiros e finalmente conseguiu o 2º premio cunha dotación de 1000 euros máis unha viaxe a Madrid para recoller o premio o vindeiro 16 de xuño!! Noraboa a David, Sofía e Jesús!! A continuación tedes un vídeo resumo do que foi o seu proxecto:

Actividade sobre o Composteiro do noso horto

Onte realizamos a actividade que nos trouxeron sobre o composteiro: decorámolo, puxémoslle nome e comezamos a enchelo con restos de froita, follas secas e herbas, para obter un bo sustrato para o noso horto.

Tamén aproveitamos para recoller lixo enterrado, nivelar un pouco o terreo e recoller pedras, para deixar o noso horto máis fermoso.

Aquí tedes unha mostra:

 

Distribuir contido