Orientación

PRESENTAMOS AS NOSAS FOFUCHAS

Cada un e unha de nós conta un pouquiño da súa fofucha para poder coñecer mellor á muller tan importante na historia que representan.

EXPOSICIÓN "Á VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE NON" dentro do Plan Proxecta por 365 días de Igualdade

Dentro do Plan Proxecta "365 días de igualdade" o centro ofrece para alumnado e familias unha exposición de cartaces para visibilizar e e crear conciencia social ante relacións que non estean baseadas no respecto, na liberdade e na igualdade. Non podemos permitir relacións afectivas nin sociais nas que se presenten comportamentos discriminatorios que son sinais de violencia machista e que anticipan outras manifestación máis graves do maltrato.

CONTACONTOS PARA A IGUALDADE

No día do libro tivemos a sorte de ter tamén unha sesión de contacontos para todos e todas as alumnas de Infantil e Primaria, como parte do progama de Innovación "Donas de sí".

CHARLA DO PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 12 de marzo viñeron a visitarnos Verónica e Ramón, responsables de traballar a temática de violencia de xénero dentro do Plan Director na provincia de Lugo.

PLAN DIRECTOR: CHARLA SOBRE O ACOSO E O CIBERACOSO

Outro ano máis dentro do Plan Director recibimos unha sesión a cargo da Garda Civil sobre un temas de actualidade: o acoso, tamén na súa versión de ciberacoso, xa que as redes sociais e os móbiles son xa unha parte importante da nosa vida. 

Distribuir contido