Skip to Content

Comedor

Como é o noso comedor

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Como funciona o noso comedor

Para este curso 2017/2018 o encargado de comedor, ademais da directora, é Pablo Fernández Rodríguez (PES) que é o responsable de elaborar os menús, organizar as quendas de profesorado para vixilancia do comedor, así como do bo funcionamento do mesmo.

Continúa a implantacion do decreto 132/2013 do 1 de agosto que regula o cumprimento de taxas para os usuarios de comedor. Así, segundo as circunstancias económicas e familiares e o ter asignado ou non  este centro, son criterios para que un alumno teña gratuidade total ou abone  1 €, 2.50 € ou 4.50 € por día de comedor.

Resultado: a maioría non ten que abonar nada; algúns 1 euro, outros 2,50 e uns 10 alumnos teñen que pagar 4,50. Comen todos os alumnos agás 2  que van  xantar á casa.

Con respecto ó alumnado procedente do Barco, tomouse a decisión e así se recolle e se aproba no consello escolar; que serán usuarios de comedor dous días: os luns e martes e pagarán 4,50 por cada un deses días.

 

Os menús están a disposición de toda a comunidade educativa, soamente teñen que pedilos para consultalos.

Tamén estarán expostos na páxina web do centro.

Desde o centro tratamos de que estes menús sexan o máis equilibrados e naturais posible. Empregando para a elaboración dos mesmos, produtos de temporada e de calidade.

Queremos que os nosos alumnos/as se acostumen a comer e probar un pouco de todo, de aí a variedade e tamén o novidoso dalgúns pratos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut