Skip to Content

Transporte Escolar

Funcionamento do noso transporte.

Na actualidade contamos con catro rutas de transporte, tres contratadas coa delegación. Este  transporte o fai a empresa Atvisa e son as de:

      - Casaio

      - Quereño (doblaxe Sobradelo-Sobradelo)

      - Casoio

A cuarta ruta está contratada polos pais e o centro directamente con Aupsa de Ponferrada na que viaxan 16 rapaces residentes no Barco de Valdeorras. Este transporte non conta coa figura de coidadora. Por empregalo cada usuario/a paga 30 euros mensuais.

Para este curso, a vixiancia dos rapaces ata que suban ó transporte será levada a cabo en quendas de dous profesores tanto de primaria como de secundaria.

É importante recordar a importancia de que os docentes estean a hora o día que lle toca a garda de transporte, porque en ocasións os rapaces abren a porta do patio e poden saír se non hai ningún profesor.

Na vidrieira de secundaria hai un listado das rutas e os alumnos que van en cada unha así como os teléfonos das empresas de transporte por si xurdise algún problema.

Esta vixiancia se fará tanto na entrada como na saída dos rapaces (entrada 08h45 ata 9h00 e saída de 15h45 ata 16h00).

Por outro lado será responsabilidade de cada docente a supervisión de que cada un dos seus alumnos/as saian da clase asegurándose de que non queden na aula ou outras dependencias así como facelo cando toque o timbre para a saída.

Se por algún motivo excepcional algún alumno/a tivese que quedar máis tempo, os docentes deberán de comunicalo canto antes as coidadoras dos autobuses e asumir eles a responsabilidade de levalos ou organizar o transporte dese/s alumnos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut