Skip to Content

Curso 2024 - 2025

O mércores 11  de setembro iniciamos o curso 2024 - 2025 comenzando as clases no horario de sempre, que ten establecido o centro.

 horario do centro

 

No caso de secundaria, o alumnado fará o horario completo. Ás 9:05h terán a presentación co profesorado titor e dende as 9:55h ata as 14:45h, as demais clases. Para o primeiro día, terán que levar o material necesario para facer as anotacións que lles indique o profesorado.

 

As entradas e saídas do centro, para o alumnado das tres etapas, faranse polos mesmos portais que o ano anterior.

 

1. Infantil. Portal 1. Entrada de administración.

2. Primaria. Portal 3. Entrada Pino Manso.

3. ESO. Portal 2. Entrada preto da aula de Música

 

Para visualizar o plano de portais e portas de acceso, ver o documento adxunto. 

 

  Dámoslle a todas e todos unha afectuosa benvida.

Fondo Solidario de Libros de Texto e Recollida de Vales

logo documentación1. O martes 9 de xullo, publicarase no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido do fondo solidario de libros de texto, tanto de primaria como de secundaria. Aquelas persoas que o fixesen en liña, poderán consultalas na aplicación do fondo solidario.

2. No caso de que quedase alguén excluído, o período de reclamacións será do 10 ao 11 de xullo, ambos inclusive, de 10:00 h a 13:00 h.

3. Durante os dous días de reclamacións, as familias que quedasen excluídas, será o propio centro o que se poñerá en contacto telefónico coas mesmas, ou no seu defecto por abalar, para emendar dita exclusión, no propio colexio ou directamente na aplicación do fondo solidario si presentaron a solicitude en liña no seu momento.

4. Pasado o período de reclamacións, publicaranse o venres 12 de xullo, as listaxes definitivas de primaria e ESO. Poderán consultalas no taboleiro de anuncios do centro ou en liña se o solicitaron por vía electrónica. Por recomendación do centro non merquen ningún libro ata que saia a listaxe definitiva

5. As persoas beneficiarias dos vales para a compra de material de 1º de EP a 4º da ESO e/ou libros de texto de 1º e 2º de EP, deberán recollelos persoalmente os pais/nais/titores/as ou poderán autorizar a unha terceira persoa. Ditos vales estarán dispoñibles dende o luns 15 ata o mércores 17 de xullo. No caso de que non poidan recollelos nesas datas poderán facelo a partir do 1 de setembro.

 

Libros de texto para o curso 2024/2025 (Primaria e Secundaria)

logo documentacionXa pode consultar os libros de texto para o vindeiro curso académico 2024/2025.

Acceda ao documento adxunto nesta nova.

MATRÍCULA DO CURSO 2024 - 2025

Siga as instruccións que se dan na seguinte táboa para facer efectiva a matriculación.

NOTA: Se non pode imprimir os documentos pode recollelos na administración do centro.

 

horario matrícula 1

horario matrícula 2

* Se non ve correctamente esta táboa pode consultar os datos no documento adxunto "1.HORARIO_MATRICULA_CURSO 2024-2025"

Fondo solidario e axudas para os libros de texto e material escolar

logo documentaciónNa Orde do 7 de maio de 2024, publicada no DOG do 20 de maio, regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto, as axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Presentación de solicitudes (do 22 de maio ao 21 de xuño, ambos inclusive), escollendo unha das modalidades:

- Vía electrónica: a través da sede electrónica da Xunta.

- Vía presencial: nos centros docentes con toda a documentación requirida xa fotocopiada para axilizar o proceso de entrega.

Documentación necesaria para tramitar o proceso:

- Anexo I e II

- Copia do libro de familia ou equivalente.

- Outros (de ser o caso): fotocopia de sentencia xudicial e/ou convenio regulador en caso de separación/divorcio; certificado recoñecemento de discapacidade non expedido pola Administración autonómica.

Para máis información clica en http://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Axudas para o alumnado con NEAE

Aberto o prazo de solicitude de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) para o próximo curso 2024-2025.

becas neae

Como solicitala? A través de internet premendo aquí

 

Que prazo teño? Desde o 30 de abril ata o 13 de setembro.

 

Se tes algunha dúbida, podes consultar co departamento de orientación do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut