Skip to Content

Información xeral

Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar escolar 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.

Nos seguintes enlaces poden atopar información relacionada con esta convocatoria.

Orde do 7 de maio de 2024

Enlace fondolibros convocatoria 2024-2025

Anexo I e II (solicitude e comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Dende o 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (ambos incluídos)

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO NOSO CENTRO PARA O CURSO 2024/2025

ESTÁ ADMITIDO.

 

CALENDARIO COLE 2024

Xa temos á disposición da comunidade educativa o noso novo calendario 2024.

Foi deseñado polo profesor Jorge Santiago García, do Departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, coa colaboración dos rapaces e rapazas do centro.

 

 

Paciencia! Chegará pronto aos vosos fogares...

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES COMEDOR 2023-2024

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

Relación dos libros de texto e material didáctico para o curso 2023/2024.

FONDO LIBROS 2023/2024

Xa están publicadas no taboleiro interior de secretaría as listaxes do fondo de libros.

Podedes acudir ao centro  consultar as listaxes ou chamar por teléfono de 9:30 ás 13:30 ata o día venres 14 de xullo.

Exames de setembro 2019

Recordamos os horarios dos exames de setembro que terán lugar os días 2 e 3 de setembro. Consulta o archivo adxunto.

Fondo de libros 2019/2020

Xa está dispoñible a listaxe definitiva do fondo libros para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Os alumnos de 5º e 6º tamén diporán de libros gratuitamente aínda que non ven na listaxe, xa que no programa recolle o EDIXGAL.

Xa temos a listaxe provisional de fondo libros para 3ºESO e 4ºESO. 

Xa está dispoñible o listado de libros que lle corresponden os alumnos de 1ºESO e 2ºESO. 

Xa temos a listaxe definitiva de fondo libros para 3ºESO e 4ºESO. 

Renovación do Consello Escolar 2018

En cumprimento da Resolución do 25 de setembro de 2018 (DOG  nº 189, do 08 de outubro), da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, e aplicando o disposto no Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG do 29 de abril), modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril (DOG do 17 de maio), e os decretos 324/1996, do 26 de xullo, 374/1996, do 17 de outubro, e 7/1999, do 7 de xaneiro,  que establecen as condicións de celebración das eleccións dos membros dos consellos escolares nos centros docentes, por corresponder no curso 2018-2019 a renovación dos consellos escolares, comézase o proceso regulamentario.

A partir do martes 6 de novembro estarán publicados no taboleiro do Centro os censos electorais dos distintos sectores.

O prazo para a presentación de candidaturas comeza o martes 6 e remata o 13 de novembro.

A Xunta Electoral, na reunión do 14 de novembro, resolveu proclamar candidatos ás persoas que figuran no documento adxunto.

As votacións celebraranse de acordo co calendario aprobado pola Xunta Electoral.

Animamos a todos os sectores da comunidade educativa a que participen.

Listaxe definitiva de Fondo Libros da ESO

Relación de libros que serán entregados ao alumnado a comezo do curso. Os outros libros teñen que ser mecados polas familias.

Distribuir contido


by Dr. Radut