2021-2022

Agosto: pechado

Enviado por MerceDS o 29 Xullo, 2022 - 16:58

O centro permanecerá pechado

durante o mes de agosto.

 

Para cuestións urxentes, contactar por email:

cpi.suarez.marquier@edu.xunta.gal

_________________________________________________

 

 

02/09/2022

Alumnado ESO: Curso 2022-2023

Enviado por MerceDS o 28 Xullo, 2022 - 00:14

Libros de texto: alumnado ESO

 

Se non tedes libros asignado por FONDOLIBROS,

NON OS MERQUEDES

ata que empece o curso.

Daremos indicacións ao respecto.

 

O equipo directivo.

.

15/09/2022

FondoLibros: listas provisionais

Enviado por MerceDS o 11 Xullo, 2022 - 16:48

Data de publicación: mércores, 13 de xullo de 2022.

Lugar: Taboleiro interior do CPI.

Reclamacións: xoves 14 e venres 15 de xullo de 2022.

 

30/08/2022

PUBLICACIÓN NOTAS AVALIACIÓN FINAL SECUNDARIA

Enviado por MerceDS o 26 Xuño, 2022 - 17:28

As notas da avaliación final de ESO publicaranse a través da aplicación ABALAR o

LUNS, 27 de xuño.

 

Datas de horario de reclamación:

Días: martes 28 e mércores 29 de xuño.

Horario: 10:30 h a 13:30 h.

 

30/07/2022

DÍA DE FIN DE CURSO - CLASES DA TARDE

Enviado por MerceDS o 20 Xuño, 2022 - 19:11

Este mércores, 22 de xuño,

non haberá clases pola tarde

para 1.º, 2.º e 3.º de ESO,

dado que esa tarde vaise celebrar o acto de graduación de 4.º de ESO.

 

30/06/2022

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Enviado por MerceDS o 21 Maio, 2022 - 11:54

Aberto o prazo para solicitar axudas para o curso 2022 - 2023.

Prazo: do 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

 

Dirixido a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade.
  • Trastorno grave de conducta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas capacidades.

 

Como solicitar a axuda:

Todo o proceso de solicitude de bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez cuberto, terás que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo onde vaias cursar, se non tes certificado electrónico.

 

Para máis información preme aquí.

Convocatoria NEAE - curso 2022-2023.

_____________________

 

01/10/2022

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Enviado por MerceDS o 19 Maio, 2022 - 19:18

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO ESCOLAR 2022/23

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 (ambos incluidos).

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso.

Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2022/23.

No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro. 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

DOCUMENTACIÓN

Anexo I (debidamente cuberto e coa documentación complementaria necesaria: copia do libro de familia, certificado acreditativo do grado de discapacidade, violencia de xénero...)

Anexo II (autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante)

Solicitude: Anexo I e II

 

Para consultar a Orde do DOG, preme AQUÍ.

_______________

30/07/2022

Entrega de premios do Certame de Poesía Rosalía de Castro

Enviado por MerceDS o 19 Abril, 2022 - 16:43

Hoxe visitou o noso cole a nosa alcaldesa, para facer entrega dos premios do concurso de poemas baseados na figura de Rosalía de Castro. Esta iniciativa, froito da colaboración do Concello co CPI, foi unha forma fantástica de comezar as clases despois das vacacións!

Entrega premios

Podes ver o resto de imaxes na galería do centro: Certame de Poesía Rosalía de Castro.

 

01/09/2022

No apartado PROGRAMACIÓNS pódese consultar as modificacións da concreción curricular relativas aos criterios xerais para a avaliación, promoción e titulación así como os criterios xerais do outorgamento de matrículas de honra.

Documentos:

 

10/09/2022

Publicación de notas secundaria

Enviado por MerceDS o 28 Marzo, 2022 - 21:38

As notas da segunda avaliación de Educación Secundaria poderanse consultar na aplicación Abalar Móbil o mércores, 30 de marzo, a partir das 12:00 h.

 

 

10/04/2022
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.