2014-2015

Onte pintámonos a cara de branco para facernos fotografías das nosas caras con expresións diferentes. Tiñamos que facer de mimos mostrando emocións de tristeza, alegría, pena...

 

 

 

Durante este curso o noso proxecto xirou entorno ao Miño. O noso río. O máis grande de Galicia e o que baña O Rosal. O proxecto levounos a coñecer o territorio galego e as provincias por onde pasa. Aprendemos sobre as cidades, xentes, festas, cultura e paisaxe por onde pasa e a súa flora e fauna.

Para completar o proxecto, fixemos unha viaxe de dous días que desde a desembocadura ata o nacemento en Pedregal de Irimia.

Alí cruzamos o Miño dun salto!!!

Viaxamos en tren, en barco e en autobús. Bañámonos nas termas de Outariz e nunha praia fluvial da Ribeira Sacra. Xogamos con animais na granxa Garabullos, coñecemos a muralla romana de Lugo e moitas cousas máis.

Foi unha experiencia inolvidable que podemos ver nas fotos que están na galería de imaxes.

Preme para velas:

1º DÍA

2º DÍA

Un curso máis tivemos os almorzos saudables durante a semana do 1 ao 5 de xuño. Pasaron todos os cursos de primaria a almorzar guiados por Sandra. Esta actividade, organizada polo Concello de O Rosal, nos ensina en que consiste un almorzo saudable, fundamental para rendir o resto do día e para estar sans.

Lembramos o que é un bo almorzo: ten que tomarse a modo e debe ter tres alimentos fundamentais que son os lácteos, os cereais e a froita.

   
   
   
   
 
   

Para completar o noso proxecto de A casiña de chocolate e despois de representar a obra, decidimos facela e comela.

Ase realizamos esta actividade colaborativa:

 

1º Fomos á cociña do colexio e alí fixemos catro grupos para realizar catro casiñas.

 

 

2º Cada grupo tiña a receita e tivo que organizar os materiais e ingredientes necesarios para facela.

 

 

 

3º O momento de medir e pesar foi un dos que máis gustou porque estaban levando á práctica aquelo que traballáramos na clase de matemáticas.

 

 

 

 

4º Logo comezamos a misturar e a amasar. Isto si que foi divertido!

 

 

5º Logo pasamos ao momento de estirar co rolo para facer unha capa rectangular sobre a que colocamos as plantillas e cortamos as formas para construír a casa.

 

6º Despois de meter as bandexas no forno e sacalas, comezamos a montar as paredes. Esta parte foi a máis difícil e tivo que facela a profe porque non daba tempo.

7º Por último decoramos a casiña entre todos coas lambetadas.

 

 

8º Quedounos xenial!

9º Este paso foi o mellor de todos:   comemos a tarta e as chuches! Que rico estaba todo!

Durante todo o curso estivemos traballando sen parar nesta obra de teatro baseada na ópera do compositor Humperdinck.

Foi unha experiencia moi interesante xa que traballamos de todo, desde plástica, a interpretación, o consenso, o traballo colaborativo, música, coordinación, autonomía... e moitas outras cousas pero sobre todas as cousas. Pasámolo moi ben!!!

Aquí tedes unha das gravacións que se fixo o día do teatro na que representamos tres veces a obra para varios cursos do cole.

Ao día seguinte se que nos puxemos nerviosos e nerviosas porque a representamos para as familias pero saiu moi ben.

O venres 22 puidemos gozar coa obra do grupo de teatro da Mata que este curso representou O achado do castro.

Foi unha obra moi divertida e os actores e actrices fixérono estupendamente.

Noraboa tamén ás directoras!

Entra na Galería para ver as imaxes.

O día 29 de abril os alumnos de 3º PDC realizaron unha xornada de actividades acompañados dos profesores dos ámbitos científico-técnico e socio-lingüístico. Comezaron coa visita a Minergal en Porriño, onde puideron observar coleccións de mineralis , rochas e fósiles. Despois desprazáronse a Tui onde participaron nunha xincana cultural polo centro da localidade. Tras unha opípara comida, realizouse unha completa visita guiada á catedral de Tui, por último visitouse a fortaleza de Goian e a área recreativa alí situada.

Preme na imaxe para ir á galería de fotos.

 
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.