Could not find the wijering_mediaplayer file for embedding.

2010-2011

A formación dun coro escolar é un proxecto común, o de gozar cantando valéndose do instrumento máis persoal e apaixoante que existe: a voz.

O noso coro comezou no curso 2008 – 2009 e está integrado por unha representación de mestres e alumnos de primaria e de secundaria. O seu repertorio é aberto e pode variar segundo os intereses do coro: música pop, tradicional, clásica…

A maior satrisfacción é facer ben as cousas e isto pasa por unha forte dose de empeño, entusiasmo e traballo. Ao final xorde unha obra musical ben montada que agrada o alumnado e emociona o público cando é interpretada.

Fernando Sequeiros Gómez, profesor de música da ESO

 23/06/11 Festa fin de curso
 15/04/11 Lectura de A Odisea
 23/03/11 Visita a Pontevedra 1º e 2º ESO
 23/03/11 Visita a Santiago 4º ESO
 23/03/11 Visita a Santiago 3º ESO
 16/03/11 Salinas Romanas en Vigo
 16/03/11 La casa de Bernarda Alba
 4/03/11 Entroido
 6/02/11 Semana Branca
17/01/11 Teatro e exposición en Vigo 
  22/12/10 Festa fin de trimestre.
  21/12/10 Contacontos de Celso Sanmatín.
  13/12/10 Visita de Gisbert.
25/11/10 Día contra a violencia de xénero.
 24/11/10 Excursión a Ourense de 2º ESO
27/10/10 Saída a Vigo.


   22/06/11 Festa fin de curso
 21/06/11 Santiago 6º Primaria
 20/05/11 Presentación de "Non perdas a palabra"
 18/05/11 Correlingua 2011
   12/05/11 Teatro en inglés no auditorio
 11/05/11 Excursión A Coruña 2º Ciclo
 4/05/11 Saída aos muíños de O Folón e do Picón
4/04/11 Teatro Formigalia na biblioteca 
 23/03/11 Visita de 1º ao Concello de O Rosal
 4/03/11  Entroido
17/12/10 Campaña de recollida de lixo
03/11/10 Visita de Benito Guerreiro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 O día 10 de xuño os alumnos-as de 5º fomos de excursión ao zoo de Vigo.

A nosa guía chamábase Ana. Era moi simpática, sabía moitas cousas e contounos historias sobre algúns dos animais que alí estaban.

Miramos diferentes tipos de animais: mamíferos, coma osos, leóns, tigres, lobos...; aves, coma parrulos, cisnes, cegoñas, grullas...; réptiles: tartarugas, serpes... Estes últimos estaban nun pavillón aparte, e a algúns non nos foi moi agradable a súa vista.

 Intentamos mirar a pantera,pero como había moito ruído doutros nenos que andaban por alí (tamén de visita), agachouse e non puidemos vela. Aínda así, a guía contounos que, cando este felino era unha cría, foi rescatada polo SEPRONA dun barco que a traía, cara a España, para ser vendida.

Unha das cousas que máis nos gustou foi que a nosa guía ía quitando, da súa mochila exploradora, diferentes obxectos relacionados cos animais para que poidéramos palpalos. Tocamos plumas de diferentes texturas, cornamentas dos cervos ( que as perden na primavera), e pelo dos osos.

Tiñamos ganas de disfrutar máis tempo do parque e mercar algún recordo, pero a tenda estaba pechada e se nos facía tarde, polo que tivemos que voltar ao autobús para regresar ao cole.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta é a obra de teatro que fixemos os nenos e nenas de 3º B. Esperamos que vos guste, a nós encantounos facela.

sentímolo, flash non está dispoñible.

As alegres casadas foi a obra de teatro que poidemos disfrutar o venres 3 de xuño.

Tríptico

Fotos

Na galería  tes todas as fotos de como se xestou a obra desde o primeiro trimestre: PREME AQUÍ

Un ano máis organizouse un campionato de petanca que se veu desenvolvendo ao longo do curso na hora do recreo (martes e xoves). Nel participaron 53 equipos de tres compoñentes cada un e de todos os niveis de PRIMARIA.

Os equipos gañadores foron os seguintes:

 "LOS PERDEDORES" (1º)

 

 

"OS RINOCERONTES" (2º)

 

"O MADRID" (3º)

 

 

"LAS DIVINAS" (4º)

 

"LOS SIMPSON" (5º)

 

"K.L.M." (6º)

O 11 de maio de 2011 todo o segundo ciclo

fomos todo o día A Coruña.

Vimos o acuario, o Domus e a Casa das Ciencias.

Desde o aoutobús vimos a torre de Hércules sobre

 un pequeno outeiro.

No acuario había dous tiburóns moi grandes chamados

 Gastón e Hermosa.

No Domus vimos como é o noso corpo, canto medimos,

 pesamos etc.

E por último, na casa das ciencias vimos o planetario e

 unha exposición de Darwin.

En resumo foi un día moi guai!

Sara

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.