Skip to Content


 

EDU SAÚDE

SEMANA DE ACTIVIDADES PARA A SAÚDE

Esta semana foi intensa en actividades extraescolares relacionadas co coidado da Saúde, o Deporte e a Seguridade Viaria, menos mal que o alumnado chegou cargado de enrexía das vacacións.

O martes 19 a actividade foi para o alumnado de 3º e 4º de E. Primaria, coa colaboración do grupo de enfermeiras do Sergas e dende o seu programa "Pupas, Sustos e outros Disgustos" achegan ao alumnado información sobre como actuar ante pequenos accidentes e emerxencias.

O venres 22 actividade sobre Seguridade Viaria para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de E. Primaria, comezaron xa a primeira hora cun conto motivador "A Galiña, Galiñeta" a cargo de dúas mestras do centro (Glenda e Salomé), logo cada curso foi baixando onde o grupo YUKA organizou un circuíto con sinais e Karts a pedais onde puideron repasar as sinais e normas básicas de circulación.

E por último o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria recibiron sendas charlas, ofrecidas dende o Concello dentro dos seus Programas Educativos e a través da asociación "Suelta los frenos", coa fin de achegar ao alumnado a importancia do deporte e actividade deportiva para o coidado da saúde.

E agora unha reportaxe resumo:

SEMANA DE ACTIVIDADES PARA A SAÚDE de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut