Skip to Content


 

Dinamización Lingüística

Tarxetas de Nadal: Lema da ONU 2015 "A Luz".

O alumnado de EP, participou nun concurso para a felicitación do centro de Nadal, co lema da ONU par o 2015. Resultaron gañadores os alumnos de 3º de EP.

Almorzos saudables

O alumnado de infantil e EP, formouse na necesidade de facer un almorzo saudable antes de vir á escola.

Celebramos O Samaín

O alumnado de infantil, EP e ESO celebrou O Samaín, co valeirado, exposición de cabazas e festa.

Cine en galego. OUFF

O alumnado de 1º, 2º e 3º de EP, asiste ao cinema en galego "O pequeno mago". 20 novembro.

Viaxando no tempo: o escultor Baltar

O alumnado de 2º e 3º de Primaria visitan o Museo do escultor ourensán ARTURO BALTAR e fan unha viaxe imaxinaria seguindo as aventuras de Marcopolo.

Xa están subidas a Galería as fotos do entroido

O longo destos días subiremos máis fotos o cartafol de entroido, esperamos que todos os membros da comunidade educativa, nos den fotos para subir. Grazas.

Preme na imaxe para ir directamente a galería provisional do entroido

SEMANA DO MEL

o mércores, día 28 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria visitou a Aula da Natureza para asistir a unha exposición sobre a importancia das abellas. Entre as experiencias viron unha colmea, as partes que a compoñen, os traxes que usan os abelleiros e por último elaboraron unha candea a partir de cera virxe.

                

 

ESCONTROS CO AUTOR

O pasado martes, 27 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º cursos de Primaria acudiron ao Auditorio das Artes Escénicas para ter un encontro con Ledicia Costas, autora de "Escarlatina, a cociñeira defunta". Logo dun agradable coloquio, onde formuláronlle diversas preguntas, dedicoulles o libro e o traballo feito na clase sobre o mesmo.

 

                                             

 

 

 

 

VISITA A NIÑODAGUIA

O 16 de xaneiro 1 ESO visitou Niñodaguia.  Museo, talleres e antigos foros para comprender a importancia da olerla na cultura actual.

 

OURENSE SABE COÑECER

Co gallo da 6ª edición do concurso, na modalidade de poesía, OURENSE SABE COÑECER, o alumnado de 6º de Primaria acompañou á súa compañeira Noemí Peláez Badenes, no auditorio da Fundación CaixaNova, a recoller o premio conseguido pola súa cualificación.

            

Distribuir contido


by Dr. Radut