Skip to Content


 

Orientación Pais/Nais

CINENSINO 2011-12

PROGRAMA DE CINENSINO PARA ESO

Un curso mais os alumnos e alumnas de 2º de ESO participan no Programa Cinensino, programa para a Educación en Valores, para prevención do consumo de alcohol e outros trastornos adictivos e comportamentais no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TICS. Este programa consiste no visionado de tres peículas durante o curso e o posterior traballo na titoría sobre o tema. O pasado día 15 de novembro tivo lugar o visionado da seguinte película:

 

EN UN MUNDO MEJOR
112 min 
Susanne Bier, Dinamarca, estreada en España en 2011

Anton é un médico que traballa nun campo de refuxiados dun país africano que está en guerra. O seu fillo Elias é maltratado na escola polos seus compañeiros ata que outro mozo deféndelle, Christian. Elias e Christian non tardan en estar moi unidos, pero Christian involucra a Elias nun perigoso xogo de vinganza e rabia, unha situación que ademais de pór a proba a amizade que os une, tamén pon en perigo varias vidas.

 


25 de Novembro. Dia internacional contra a violencia de xénero

 


25 DE NOVEMBRO

DIA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da celebración un ano máis do Dia Internacional da Violencia de Xénero, o Departamento de Orientación do centro súmase a este acontecemento aportando aos profesores/as e titores/as materiais didácticos relacionados con esta data que se poden ollar na  dirección web:EDUCAXÉNERO

MATERIAIS PREVENCION VIOLENCIA DE XÉNERO




ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NO VERAN

ADEUS AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DE ESO

     

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO rematades este curso 2010-11 a escolaridade obrigatoria no Centro de Mende. Foron para algúns mais de 12 anos neste centro. Quero darvos a noraboa a todos e todas os que a partir de agora iniciades unha nova etapa tanto académica coma persoal e desexarvos os maiores éxitos que de seguro ides acadar. Como orientador do centro e en nome do Departamento de Orientación, quero darvos as grazas especialmente polo voso exemplo de convivencia durante todos estes anos cos vosos compañeiros alumnos e alumnas con discapacidade do centro, practicando e demostrando día a día que a integración e a inclusión é posible. Eles tamén se lembrarán sempre de vós e de poder ter estado todo este tempo ao voso carón. Este será un valor engadido que levades, cecais tanto ou mais importante que os vosos coñecementos.Non o esquezades cando vos atopedes con eles pola rúa. Grazas pola vosa comprensión e xenerosidade.


OFERTA FORMATIVA CICLOS FORMATIVOS CURSO 2011-12

 

Xa se pode consultar a oferta da Consellería de Educación sobre os CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL para o vindeiro curso 2011-12.

Próximamente sairá a convocatoria para a solicitude de admisión no D.O.G

Premer nos seguintes ligazóns:

Blog ORIENTAMENDE

OFERTA FP 2011-12

Datas solicitude de admisión:

17 de xuño ao 4 de xullo

1 a 12 de setembro

 

 RESOLUCION CURSO 2011-12 (D.O.G. 14 xuño 2011

IMPRESO SOLICITUDE ADMISIÓN ANEXO 1

RESUME INFORMACIÓN ADMISIÓN




CONVOCATORIA DE PROBAS PARA OBTENCION TÍTULO GRADUADO EN ESO

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO/A EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS NAS CONVOCATORIAS DE XUÑO E SETEMBRO

(D.O.G. 11 DE MAIO DE 2011)

 

Centro e lugar de celebración das probas

OURENSE

              Centro de EPA Ourense

Rúa Álvarez de Sotomayor, 4

Prazos de matrícula

Proba de xuño: 16 ao 27 de maio, ambos os dous incluídos

Proba de setembro: 1 e 2 de setembro, , ambos os dous incluídos

Datas das probas

14 de xuño

9 de setembro

Chamamento para acceso aos espazos de realización da proba

Entre as 8.30 e as 9 horas

Centro de EPA Ourense

Rúa Álvarez de Sotomayor, 4




ALUMNOS/AS QUE REMATAN 4º ESO: CONVOCATORIA PRAZAS DE RESIDENCIA NO CRD DE OURENSE PARA O CURSO 2011-12

CENTRO RESIDENCIAL CRD DE OURENSE (NA UNIVERSIDADE LABORAL)

Xúntase a Orde do 29 de abril de 2011 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no próximo curso académico 2011-2012.

Os Centros Residenciais Docentes ofrecen aloxamento a alumnos/as de ensinanza secundaria postobrigatoria non universitaria (BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS) que desexen realizar estudos que non se ofertan no lugar no que viven. Estas residencias dependen da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e, dependendo do nivel de ingresos familiar, a estancia pode ser gratuíta ou de prezo económico. Hai centros residencias docentes en Vigo, A Coruña e Ourense.

Prazo de presentación de solicitudes:

Dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Establécese un período extraordinario na primeira quincena do mes de setembro para a presentación de solicitudes destinado ás ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta orde, así como para os ciclos formativos, e extraordinariamente no curso académico 2011/2012 para bacharelato.

 

A IMPORTANCIA DO ALMORZO NO ALUMNADO

OBRADOIRO "VITALÍZATE" SOBRE DROGAS PARA ALUMN@S DE 4º DE ESO


Que sustancias se poden considerar drogas?, cales son os seus efectos?, que riscos entraña o seu uso?, por que se consumen? Existen poucos asuntos tan cheos de estereotipos e de prexuízos como o consumo de drogas. Pensamos que estamos ben informados pero na práctica a información que temos é moi limitada.

Cando somos mozos, ás veces non valoramos a relación entre as accións de hoxe e as consecuencias do mañá, sentímonos indestructibles e invulnerables. Isto pode dar lugar a decisións arriscadas que non só afectan á nosa saúde física senón tamén ás relacións coa nosa familia, coas amizades, coa parella, á nosa autoetima, a forma que temos de resolver as dificultades, etc.

Hoxe, venres, tivo lugar  no CPI “José García” de Mende, o derradeiro dos Obradoiros impartidos polo Centro “Querote máis” da Consellería  de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, nesta ocasión sobre o tema das drogas. O obradoiro estaba destinado as alumnas e alumnos de 4º da ESO baixo o título de “Vitalízate”. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Orientación.

Pódese consultar no seguinte LIGAZÓN una guía sobre este tema:

http://www.pnsd.msc.es/Categoria2/publica/pdf/guiaDrogas.pdf

 


OBRADOIRO SOBRE SEXUALIDADE PARA ALUMNOS DE 3º ESO

Hoxe martes, tivo lugar o terceiro dos Obradoiros do Centro Quérote da Consellería de Traballo e Benestar. Neste caso  as alumnas e alumnos de 3º da ESO recibiron información sobre  Sexualidade e as distintas dimensións ou acepcións da mesma.

"Se hai algo sobre o que nos resulta particularmente difícil falar ás persoas é sobre os temas que encerran un certo contido sexual..."

A través de traballo en grupo as alumnas e alumnos reflexionaron e recibiron información  respecto deste tema.

A actividade foi coordinada polo Departamento de Orientación do centro

 

 


Distribuir contido


by Dr. Radut