Skip to Content


 

GAÑADORA DO CONCURSO "JÓVENES Y MAYORES"

Un grupo do alumnado de 6º de E. Primaria, xunto coa súa titora, Mª Isabel Novoa Pérez, participaron no V Edición concurso "Jóvenes y mayores" a través dun Certame de Debuxo e Redacción  convocado pola Fundación Dorzán e o xornal La Región, na categoría de 2º ciclo E. Primaria e E. Especial.

Sendo publicados a fin de semana pasada a lista de premiados, e hoxe no Xornal Escolar sairon publicadas as redaccións e debuxos premiados.

Resultando premiada a nosa alumna: ARANCHA GONZÁLEZ PACÍN, coa súa redacción realizada a través do comunicador GRID 3 a que lle engadiu as fotos dos seus avós, coa colaboración das mestras especialistas Sonia Gómez Lorenzo e Salomé Santos Santos. 

O sábado, 17 de decembro ás 12:00 horas recolleu o seu premio, no Centro Cultural Marcos Valcarcel, xunto co seu irmán, Daniel González Pacín.

 

 

  

 

 

 Toda a Comunidade Educativa do centro está moi leda por un premio máis nestes días.

PARABÉNS, ARANCHA!!

Polo teu traballo e esforzo

Grazas a todos por colaborar en mellorar e avanzar día a día



page | by Dr. Radut