Skip to Content


 

RESOLUCIÓN DO 10 DE XUÑO DE 2022, DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE REGULA A XESTIÓN DE PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS DURANTE O CURSO 2022/2023

Información do Departamento de Lingua Inglesa e da Dirección sobre as probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

 

1.   

De acordo co establecido na Resolución do 10 de xuño de 2022 que regula a xestión das devanditas probas, o alumnado interesado na realización das mesmas poderá acreditar na lingua estranxeira os niveis B1, B2 ou C1 establecidos polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa, sendo o nivel B1 o máis  baixo ó que  se poden presentar e o cal se corresponde co nivel de 2º de Bacharelato.

2.   

O profesorado do Departamento de Lingua Inglesa orientará ó alumnado que desexe realizar as probas, aconsellándoos previamente sobre os niveis e a viabilidade da súa participación nas mesmas.

3.   

O profesorado do Departamento de Lingua Inglesa informará ó alumnado sobre as características do exame que realizarán, non obstante, a preparación do mesmo é responsabilidade de cada alumno ou alumna.

4.   

A Consellería de Educación ampliou o prazo de presentación de solicitudes ata o 23 de setembro de 2022.

AdxuntoTamaño
resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos.pdf6.07 MB
ampliacion_do_prazo_de_presentacion_de_solicitudes.pdf188.2 KB


page | by Dr. Radut