Skip to Content


 

ACTIVIDADES CONCILIA SEMANA SANTA

O Concello abre mañá a oferta actividades do “Concilia Semana Santa”, dirixido a alumnado de Educación Infantil e Primaria. 30 de marzo de 2022 - 12:16

Concellería de Educación abre mañá a oferta de actividades de conciliación para os días non lectivos da Semana Santa. Trátase de actividades orientadas cara á consecución de hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia e o respecto polo medio ambiente.

Na Aula da Natureza ofértanse 20 prazas para os días 11, 12, 13 e 18, de 9:00 a 13.30 horas, e na Sala Valente serán 15 prazas para os días 11, 12 e 13 de 8.30 a 14:00 horas.

Inscrición

Será exclusivamente a través da páxina web www.educacionourense.es, entre o 31 de marzo ás 9:00 horas ao 5 de abril ás 13:00 horas. O/a pai/ nai/ titora será a persoas solicitante e poderá inscribir a ta un máximo de tres fillos ou fillas.

A listaxe de admisión estará dispoñible a partir do día 6 de abril na mesma páxina web da Concellería de Educación, e desde ise mesmo día, ata o 8 de abril poderase formalizar a matrícula.

Os prezos son de 10 euros e (5 euros cada irmán/ irmá).

Información completa na páxina web da Concellería de Educación



page | by Dr. Radut