Skip to Content


 

Blogues

Saída ó teatro

O pasado 14 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu ó teatro no Auditorio Municipal para ver a obra "Three stories of England" na que se representaban tres esceas relacionadas coa historia e a literatura inglesas.

 

Caligramas polo Día das Escritoras

O 17 de outubro conmemorouse o Día das Escritoras e no Departamento de Lingua Inglesa adicamos ese día e os posteriores a ler poemas e fragmentos de autoras como Jane Austen, Virginia Woolf ou Emily Dickinson con algúns dos grupos da ESO.

Ademais, o noso alumnado elaborou caligramas cos escritos que máis os emocionaron. 

 

 

ACTIVIDADES CONCILIA VERÁN 2022-CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

Achegamos información enviada polo Concello de Ourense para facilitar a conciliación familiar perante as vacacións escolares. As actividades terán lugar en dez colexios do concello e a aula de natureza de Oira e o prazo para solicitalas será entre o 3 e o 8 de xuño. Para ver toda a información premede nos documentos adxuntos.

VISITA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

O alumnado de 4º de ESO visitou os CIFPs A Farixa, A Carballeira-Marcos Valcárcel e Portovello, nos que puideron tomar contacto coas moitas posibilidades de formación que neles se imparten.

SOLICITUDE AXUDAS DE LIBROS E COMEDOR. CONCELLO OURENSE

 

 

 

Dende a Concellería de Asuntos Sociais do concello de Ourense informamos de que no BOP do día 16 de abril de 2022 saíu publicada o "Extracto do acordo da convocatoria..." para a petición de axudas de libros de educación infantil e comedores escolares para o curso 2022-23. Neste extracto hai un erro que xa foi corrixido, pero que estamos á espera de que se publique a súa corrección. O erro está relacionado coa renda per cápita. A información correcta vese nas bases reguladoras no artigo 5.3 ("− Que a capacidade económica anual non exceda de 4.000 euros por membro da unidade de convivencia (renda per capita) para as axudas de libros e material escolar, e de 3.700 euros por membro, para as axudas de comedor.").

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 18 de abril ao 6 de maio, ambos os dous incluídos.

As instancias pódense recoller na Oficina de Atención Cidadá (Praza San Martiño 2-Baixo), nas oficinas municipais da Rúa Bispo Carrascosa 8 e en todas as UNIS de Benestar Social.

Toda a información destas axudas pódese consultar na páxina web do Concello de Ourense www.ourense.gal, en Áreas, Asuntos Sociais. Aí están as bases reguladoras e os Anexos (impresecindible encher e asinar correctamente os Anexos I, II e III).

 

RESERVA CENTROS ADSCRITOS, curso 2022/2023

 

RESERVA CENTROS ADSCRITOS CEIP Plurilingüe Ben-Cho_Shey/ CEIP Luintra

Premer no PDF adxunto

PROTOCOLO COVID

Informamos que o Sergas comunicou  ao Equipo Covid do centro que temos varios alumnos positivos ,tanto en primaria como en secundaria,  solicitando, asemade, que se lle proporcionasen os nomes dos alumnos e alumnas que consideran como contactos estreitos.

Os nomes dos alumnos son cargados puntualmente na aplicación Covid e, polo tanto, comunicados ao Sergas, que é o encargado de xestionar este tema posteriormente.

Ante esta situación pregamos, unha vez máis, que extremen as precaucións, tanto para protexer aos seus fillos e fillas coma a toda a comunidade escolar.

 

Lembren:

                  - mascarilla en boas condicións de uso. 

                  - se é mascarilla quirúrxica levar ao colexio outra de reposto para cambiar ás 12 do mediodía.

                  - insistan, cos seus fillos e fillas, na importancia de que estea ben colocada, suxeita na nariz.

                  - manter as distancias, ainda no exterior

                  - lavado frecuente de máns.

 

E sobre todo, miren a temperatura dos seus fillos e fillas antes de vir ao centro e ,no caso de presentar algún síntoma, ainda sen febre, déixenos na casa ata que se determine se é un simple catarro ou é algo máis.

 

Consideramos que é moi  importante ser rigurosos para poder garantir a máxima seguridade dentro da comunidade escolar.

É por eso, que apelamos á responsabilidade de todos e todas e solicitamos a colaboración das familias neste empeño.

 

Un saúdo

Mª Ángeles L.Cortiñas

COVID-19

 

Estimadas familias:

 

 Comunícolles que se confirmou un caso/brote da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla.

 Ata o momento detectouse  1  caso.

 

O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

 

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

 

• Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias.

Se o/ a seu/ súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias , contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias.

 

• Os contactos estreitos non vacinados deben realizar corentena durante 10 días, excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PDA positiva nos 6 meses previos.

Os contactos estreitos completamente vacinados tamén estarán exentos de corentena, salvo indicación de saúde pública .

En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefónicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.

 

• O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid19.

 Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-194 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.

 

• Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefónicamente cos servizos de saúde.

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na web de referencia da DXSP.

Tamén pode consultar outra información sobre a COVID-19 na web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS.

 

Reciban un cordial saúdo

 

Mª Ángeles López Cortiñas

Directora

-----------------------------------------------------

 

1 Cuestionario de autoavaliación: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/enquisa_autoavaliacion_... 2

2.VIXILANCIA DAS PRIMO E DAS REINFECCIÓNS POR SARS-CoV-2 :   https://www.sergas.gal/Saudepublica/COVID19-Vixilancia      

 3. Illamento no domicilio de casos sospeitosos: https://www.sergas.gal/Saude-publica/COVID19- Instrucions-sospeitoso-domicilio

4.Condicións crónicas de saúde como, por exemplo, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cancro, inmunodepresión ou hipertensión arterial.

Tamén poden consultar outra información sobre a COVID-19 na web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS .

 5. DXSP https://www.sergas.gal/Saude-publica/COVID-19-DXSP

 6. Web do SERGAS de información para a cidadanía sobre o coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021/ 2022

 

Achegámoslles a Orde do Diario Oficial de Galicia pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/ 2022.

Ademais engadir o 11 de novembro, día de San Martiño, como festivo local e o 7 de decembro como día non lectivo do centro.

Para ler a Orde, preman en "Adxunto".

Distribuir contido


by Dr. Radut