Saltar navegación.
Inicio

Educación Plástica e Visual

O CLAROSCURO

 

 O claroscuro, en arte, é unha técnica de debuxo e pintura que se basea en crear un efecto de contraste entre luces e sombras, buscando a correcta distribución entre ambas.

 O resultado é un efecto de volume. 

Para crear unha imaxe en escala de grises, podemos usar tinta, carbón, lapis brando de grafito...

A continuación podedes ver un exercicio de claroscuro moi ben resolto por Adrián Quintás en 1º con lapis brando de grafito. 

Fixádevos nas diferentes texturas das tres esferas.

 


 

Outro exemplo de Iván Ares 3º:

 Aquí temos unha composición con figuras xeométricas de Y. Elena López 3º ESO:

 E neste caso unha fermosa rosa realizada por Ana Ares de 3º ESO:

 

 

..e pola mesma alumna, Ana Ares, en 4º ESO, nun exercicio de debuxo e claroscuro, sobre o tema "a figura humana":

 En 3º ESO, no curso 2021_22, Adara Alonso fixo este exercicio de claroscuro:

Durante o curso 22_23, co motivo do tema do mar, o alumnado de 3º ESO fixo os seguintes debuxos:

Ángel Martínez:

Noelia Peón:

Aroa Rodríguez:

Irene Rodríguez:

Mara Gómez:

e Darío Gallardo:

Este mesmo grupo de alumnas e alumnos, pero xa en 4º da ESO durante o curso 2023_2024, e coa temática do bosque, fixeron un exercicio de claroscuro sobre cabanas. Velaquí tres versións diferentes realizadas por Elia Costa Noya, Mara Gómez Tarrío e Aroa Rodríguez Botana, respectivamente:

 

 

Nos seguintes casos a sensación de volume conséguese empregando lapis composto branco para as luces e negro para as sombras, sobre papel gris.

Eva Freire 4º:

 

David Suárez 4º:

 

 

Neste caso, Roi Rendo Blanco, de 4º ESO, fixo un estupendo debuxo con lapis pastel branco sobre cartulina negra:

E tamén con lapis pastel branco sobre cartulina negra, fixo Cristina Pereiras Toubes, de 4º ESO, este fermoso debuxo:

 Os seguintes traballos foron realizados por alumnas e alumnos de 4º de ESO durante o curso 2021_22.

Empezamos cun exercicio de claroscuro con lapis conté branco sobre cartulina negra de Claudia Balo:

O seguinte é de Alejandro Pegito, no mesmo curso e coa mesma técnica:

O seguinte é de Fátima Pereiras:

E este, de Claudia Segade:

Sofía Tomasi:

Este traballo é de Sergio Rodríguez Souto 4º ESO:

e este é de Uxía Méndez, 4º ESO:

 

 

 

 

 

A COLAXE OU COLLAGE

A colaxe é unha técnica artística que consiste en xuntar distintos elementos para crear unha imaxe.

Os primeiros artistas en experimentar con esta técnica foron os pioneiros das chamadas Vangardas Históricas de principios do século XX, como Picasso e George Braque.

Existen moitos estilos de colaxe.

Aquí podedes ver un realizado por Lorena León en 1º ESO con papeis de cores extraídos de revistas:

 

 

Este é outro exemplo de colaxe, neste caso trátase dunha paisaxe, realizada con fragmentos de outras imaxes, extraídas tamén de revistas. A súa autora é Mª José González Martínez 1º:

 


 

Este é de Adrián Quintás 1º:

Xián Rendo 1º:

 O seguinte colaxe é de Claudia Gómez, en 1º ESO, no curso 2021_22:

 E o seguinte é de Carla Guerra, do mesmo curso e grupo:

O PLANO

Un plano é unha superficie, que podemos definir cunha cor, por exemplo.

Empregando só planos de cores podemos crear imaxes, aparentemente moi sinxelas, con campos de cor sin variacións, que en deseño se denominan "tintas planas".

Exemplos de imaxes feitas coa técnica do colaxe con planos de cor, son estes traballos de

Tania Penas 3º:

 

Sergio Vilas 3º:

 

 Eva Freire 3º:

 

Xiomara Barja 3º:

 

Marcos Fernández 3º:

 

Aida Gómez 3º:

 

 

 

Rocío Rey 3º:

 

 

 

A LIÑA

A liña é un dos elementos máis sinxelos cos que contamos para debuxar pero, aínda así, ten moitas posibilidades.

Con liñas podemos separar espacios, crear degradados e texturas, facer bosquexos, trazar perspectivas, delimitar contornos...etc

Aquí podemos ver debuxos de:

 

Xián Rendo 1º:

 

Laura Iglesias 1º:

 

Cristina Pereiras 1º ESO:

 

Daniel Rey 3º:

 

 

David Ares 3º:

 

 

Marina Gómez 3º:

 

 

Xián Rendo 3º:

 

 

Celia Fernández 3º:

 

Adrián Mecías 3º:

 

 

Eva Vieites 3º:

 

 

 

 

Distribuir contido