Saltar navegación.
Inicio

Educación Plástica e Visual

A TEXTURA

 A textura é unha calidade das superficies que se percibe a través dos sentidos do tacto e da vista. É un dos elementos fundamentais da linguaxe gráfica e visual.

As texturas poden ser regulares (uniformes, rítmicas e ordenadas) e irregulares (máis orgánicas e menos uniformes, aparentemente desordenadas). Na natureza podemos atopar texturas regulares, como as escamas da pel dun réptil, pero é máis habitual que parezan irregulares, como a cortiza dun piñeiro, por exemplo. Con todo, nos obxectos fabricados, soe predominar a xeometría e a regularidade, como nas baldosas, ou as fachadas dos edificios, pero tamén hai exemplos de texturas irregulares.

As texturas que só apreciamos pola vista (deseños de teas, fotografías, imaxes dixitais...) denomínanse texturas visuais. As texturas que podemos percibir tamén polo tacto, denomínanse texturas táctiles, como a suavidade do veludo ou a aspereza do papel de lixa.

As texturas son fundamentais nas artes plásticas, no deseño dixital, e tamén no deseño industrial ou de obxectos, como mobles, ferramentas, revestimentos, indumentaria..etc.

Podemos crear texturas con todas as técnicas posibles (frotaxe, estampaxe, salpicadura, colaxe...) e todo tipo de materiais: lapis, rotuladores, témperas, ceras, acuarelas, papeis de todo tipo, rascadores, fíos...). As posibilidades son infinitas.

Para seleccionalas podemos usar un visor personalizado como o que fixo Claudia Balo Iglesias, en 1º ESO:

 A continuación podemos ver exemplos de texturas realizados polo alumnado de 1º ESO:

Texturas visuais gráficas:

En branco e negro:                                    

Regular:                       Irregular:                  

 

En cor:

Regular:                     Irregular:

 

Texturas visuais fotográficas:

Naturais:                                                     

Regular:                       Irregular:                  

 

Artificiais:

Regular:                     Irregular:

 

Fotografías de texturas táctiles:

Regulares:

   

Irregulares:

   

 

ESCULTURAS RECICLADAS

 

Nesta ocasión, as alumnas e alumnos de 4º ESO de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, reutilizaron unhas esculturas que atopamos en moi mal estado, e con diversas técnicas e motivos pictóricos déronlle unha segunda oportunidade de mostrarse fermosas de novo.

 

Así atopamos á Venus de Milo:

E así quedou despois de que Raúl Santos a recuperara, inspirándose na cerámica de Sargadelos:

 

 O torso da Venus de Gnido estaba así:

 E despois de que Brais Vilas e José Ramón Iglesias a retocaran, inspirándose tamén na cerámica de Sargadelos, este foi o resultado:

 

O Torso de Marte atopábase neste estado :

E así quedou despois de que Alba Fernández imaxinara un solpor sobre el:

 

 

Á Venus de Médici atopámola ata sen nariz:

Pero despois de refacerlla, Maria José González actualizouna con vivas cores:

 

O ilustre Séneca tamén perdera o seu nariz:

Pero ao final recuperouno, xunto coa sua estoicidade, grazas á pátina imitando cobre oxidado que lle aplicou Tomás Souto:

 

Brais Tato escolleu unha cabeza feminina de poliestireno expandido:

E inspirándose na escultura de Roy Lichtenstein "Head with blue shadow (1965)" converteuna nunha obra de arte Pop:

 

Rocío Rey tamén traballou cunha cabeza de poliestireno expandido que se atopaba en moi mal estado:

Pero con cor e imaxinación conseguiu convertila en algo novo e fermoso:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CÍRCULO CROMÁTICO

O círculo cromático é unha representación ordenada e circular das cores de acordo co seu matiz ou ton, onde se representan as cores primarias (amarelo, maxenta e cian) e as cores secundarias e incluso terciarias que resultan de mesturalas. Tamén se poden engadir as mesturas con branco e negro para ver distintos valores máis claros e oscuros.

Vexamos un exemplo de Nahuel Conde 1º ESO:

POLÍGONOS ESTRELADOS

Se unimos os vértices dun polígono saltando rítmicamente un número dado de vértices ata volver ao primeiro conseguiremos un polígono estrelado. Dependendo do número de vértices poderemos conseguir máis ou menos polígonos estrelados a partir dun polígono. Nos seguintes exemplos podemos ver polígonos estrelados que se poden obter a partir do dodecágono (12 lados.)

Silvia Ferro 1º ESO:

 

 

Xurxo Rendo 1º ESO:

 

 

Nahuel Conde 1º ESO:

 

Ingrid Tito 1º ESO:

 

Velaquí un fermoso exemplo de polígono estrelado de 6 puntas, a partir do hexágono inscrito na circunferencia:

Bárbara Barral 1º ESO:

E neste caso de 24 puntas:

Daniel Ferro 1º ESO:

Con cinco vértices, vemos un exemplo de Carla Tato Iglesias, en 1º ESO:

Este é un exercicio máis experimental de Alejandro Pegito Pacheco, de 1º ESO:

 

 A continuación un polígono estrelado de 6 puntas de Lucía López Couto de 1º ESO:

E outro máis, de doce puntas, de Irene Rodríguez Puga, de 1º ESO:

 

 

 

FOLIOSCOPIO

Un folioscopio é un libro que contén unha serie de imaxes que varían gradualmente dunha páxina á seguinte, para que, cando as páxinas se pasen rápidamente, as imaxes parezan animarse simulando un movemento ou outro cambio. 

Velaquí un exemplo realizado por Iván Ares 3º:

https://www.youtube.com/watch?v=E7xdIJfOdGc

 

CALEIDOCICLO

Os caleidociclos, tamén chamados calidociclos, son fermosas formas xeométricas de papel que viran sobre sí mesmas. O térmo derívase dos vocábulos gregos cali (beleza), eidos (forma) e ciclo (anel, virar ou volver ao momento de orixe).

Vexamos un exemplo de Lucas Souto 3º:

https://www.youtube.com/watch?v=wfey1jU6AT4

 

E outro de Adrián Quintás 3º:

https://www.youtube.com/watch?v=JsthuOUMA1s

O CÓMIC

O cómic, tamén coñecido como historieta, banda deseñada, tebeo, etc., é un conxunto de debuxos que contan unha historia, apoiándose habitualmente nun texto. Por iso se denomina tamén "arte secuencial" ou "narrativa gráfica".

O cómic ten unha linguaxe propia na que se empregan viñetas, bocadillos ou globos, onomatopeias, cartelas e cartuchos, etc.

O inicio da súa historia remóntase ás pinturas murais exipcias, manuscritos iluminados e códices precolombinos, pero é coa litografía en 1789 cando se inicia a reprodución masiva de debuxos, e máis tarde coa prensa onde empezan a aparecer as tiras cómicas que xa empregan globos ou bocadillos para os diálogos. A partir de 1929 triunfan as tiras de aventuras. Na posguerra xurden as escolas arxentina, franco-belga e xaponesa. A partir dos anos 60 nacen os comics alternativos e a novela gráfica. A día de hoxe podemos falar de cómic español, e de cómic galego, con numerosos autores de éxito.

Para elaborar un cómic hai que coñecer a súa linguaxe (planos, encadres, angulación..) e desenvolver todo un proceso que pasa pola elaboración do guión, borrador ou storyboard, deseño de personaxes e estudio de expresións faciais, ata chegar ao resultado final.

Pero a mellor forma de aprender máis sobre este apaixoante mundo é, sen dúbida, lendo comics.

Neste caso imos ver tres comics elaborados co motivo da creación da mascota da nosa biblioteca, Lectouriña:

Marina Gómez 4º:

 

Sara Gómez 4º:

 

...e por último as aventuras da versión definitiva de Lectouriña, obra de Amanda Freire 4º:

 

Nesta ocasión, queríamos  facer unha lembranza de Isaac Díaz Pardo. E este é o cómic de Rocío Rey Suárez de 4º ESO:

Os dous traballos deste curso, tratan sobre o tema da Percepción Visual:

O 1º é de Damián Silva, de 4º ESO:

..e o seguinte, de José Andrés Fernández, de 4º ESO:

 

 

 

ZENDALA

 

A palabra "zendala" deriva da combinación de "zentangle" (debuxo, enredo) e "mandala" (círculo, totalidade).

Trátase  dun método para crear fermosas imaxes de patróns repetitivos. Nesta práctica non existen erros, porque cada erro obriga a quen o está facendo a iniciar un novo patrón. 

É unha arte fascinante, divertida e relaxante que contribúe, ademáis, a mellorar a concentración e potenciar a creatividade.

Aquí tedes un fermoso exemplo realizado por Brisid Tito 3º:

 


 

E outro moi diferente de Marina Gómez 3º:

 

Máis zendalas, neste caso de Rocío Rey 3º:

 

Aida Gómez 3º:

 

Mª José González 3º:

 

José Andrés Fernández 3º:

 

Lucía Vázquez 3º:

Y. Elena López 3º:

 

Eva Vieites 3º:

 

Tomás Souto 3º:

 

 

 

 

A PERSPECTIVA CÓNICA

Entre os moitos Sistemas de Representación que existen, destaca a Perspectiva Cónica polo realismo que nos transmiten os debuxos feitos con este sistema.

A perpectiva cónica pode considerarse un invento dos pintores do século XV, que buscaban unha forma de recrear o espacio e a profundidade nas súas obras.

Este sistema pode usarse como un método preciso de representación ou de xeito intuitivo, como nesta representación en perspectiva cónica frontal realizada por Marcos Fernández 1º:

 

Ou nestes traballos de María José González 1º:

 

 

Laura Iglesias 1º:

 

Sergio Vilas 4º:

 

 

Igor Tomasi 4º:

 

No seguinte debuxo de Adrián Quintás, podemos ver a aplicación da perspectiva de dous puntos de fuga ou Cónica Oblicua, á representación de formas volumétricas:

 


 

Outro exemplo de perspectiva cónica oblicua intuitiva, é esta representación dunha vivenda unifamiliar, de Roi Rendo Blanco, de 4º da ESO:

 

 

A COR

A cor é unha sensación visual que se produce cando a luz incide nun obxeto.

As cores-pigmento primarias son o amarelo, o maxenta e o cian. Combinando estas cores entre sí, e con branco e negro, podemos obter tódalas cores que queiramos e facer traballos tan fermosos coma o que realizou Xiomara Barja (1º ESO) coas témperas:

 

Ou Iria Ares 3º:

 

Sara Codesido 3º:


 

Noelia Vieites 3º:

 

Iván López, en 3º de E.S.O., fixo este retrato con acrílicos e lapis de cores:

 

 

E Nahuel Conde, tamén en 3º de E.S.O. fixo este autorretrato coa mesma técnica:

 

Durante o curso 2023_24, o alumnado traballou sobre o tema do bosque.

En 3º da ESO, fixeron unha folla dunha árbore, con lapis acuarelables.

Zahira Carrillo fixo esta folla de carballo:

 

En 4º ESO, traballamos con témperas. Dúas alumnas fixeron un traballo sobre o bosque que semella un estudo do mesmo lugar en dous momentos diferentes:

Aroa Rodríguez Botana:

Irene Rodríguez Puga:

 

 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Durante o curso 2023_24, Mara Gómez Tarrío e María Rodríguez Maroño, de 4º ESO, elaboraron con acrílicos este fermoso cartel:

 

 

 

Distribuir contido