Saltar navegación.
Inicio

ESCULTURAS RECICLADAS

 

Nesta ocasión, as alumnas e alumnos de 4º ESO de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, reutilizaron unhas esculturas que atopamos en moi mal estado, e con diversas técnicas e motivos pictóricos déronlle unha segunda oportunidade de mostrarse fermosas de novo.

 

Así atopamos á Venus de Milo:

E así quedou despois de que Raúl Santos a recuperara, inspirándose na cerámica de Sargadelos:

 

 O torso da Venus de Gnido estaba así:

 E despois de que Brais Vilas e José Ramón Iglesias a retocaran, inspirándose tamén na cerámica de Sargadelos, este foi o resultado:

 

O Torso de Marte atopábase neste estado :

E así quedou despois de que Alba Fernández imaxinara un solpor sobre el:

 

 

Á Venus de Médici atopámola ata sen nariz:

Pero despois de refacerlla, Maria José González actualizouna con vivas cores:

 

O ilustre Séneca tamén perdera o seu nariz:

Pero ao final recuperouno, xunto coa sua estoicidade, grazas á pátina imitando cobre oxidado que lle aplicou Tomás Souto:

 

Brais Tato escolleu unha cabeza feminina de poliestireno expandido:

E inspirándose na escultura de Roy Lichtenstein "Head with blue shadow (1965)" converteuna nunha obra de arte Pop:

 

Rocío Rey tamén traballou cunha cabeza de poliestireno expandido que se atopaba en moi mal estado:

Pero con cor e imaxinación conseguiu convertila en algo novo e fermoso: