Saltar navegación.
Inicio

COMUNICADO DE PRENSA

 O Claustro de profesores, o Consello Escolar, e a ANPA do CPI Fonte Díaz de Touro, queren manifestar o seu rexeitamento á forma de proceder da Consellería de Educación ao adoptar de forma unilateral o peche e traslado de ensinanzas de varios centros educativos, O CPI Tomás de Lemos de Ribadavia, o CPI Monte Caxado en As Pontes, o CPI da Ribeira en Porriño e o CEIP Emilio Navasqüés de Outes, mostrando unha falta de respecto e consideración á comunidade educativa deses centros: alumnado, profesorado, familias e persoal non docente.

Desde a comunidade educativa de Fonte Díaz entendemos que calquera decisión deste tipo debe ser informada e negociada cos representantes do profesorado e demais traballadores dos centros e cos representantes de pais e nais do alumnado.

Queremos mostrar a nosa solidariedade e apoio á comunidade educativa destes centros e desexar que a problemática se resolva da mellor maneira posible

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO

No seguinte enlace figura o calendario de exames para o mes de setembro.

INFORMACIÓN FONDO SOLIDARIO LIBROS PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA

A resolución da convocatoria do FONDO SOLIDARIO de libros de texto para Educación SECUNDARIA será:

 -      Día 11 de xullo: publicación das listaxes provisionais de admitidos/as.

-                   Días 12 e 13 de xullo: presentación de reclamacións.

-                  Día 18 de xullo: publicación da listaxe definitiva de admitidos/as.

        Día 6 de setembro (de 12.30 a 14.30h.) e 7 de setembro (de 10 a 13h) : recollida de libros para o alumnado que se examine en setembro.

-                  Día 13 de setembro : publicación da adxudicación definitiva.

        Día 15 de setembro: Comezo das clases e entrega de libros ao alumnado.

Para a recollida de vales de material, consultar no colexio a principios de xullo.

CONVITE PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, VECIÑOS E INTERESADOS.

Con motivo da celebración no noso Centro do ano de Isaac Díaz Pardo convidamos a toda a Comunidade Educativa, veciños e persoas interesadas a visitala con entrada libre do 22 de maio ao 9 de xuño en horario de 10:00 a 16:00.

O martes 30 de maio ás 11:45 poderán desfrutar dunha visita guiada polo profesor do centro Daniel Asorey.

AVALIACION INDIVIDUALIZADA 3º CURSO ED. PRIMARIA

Estimadas familias:

 Informamos que os vindeiros días 30 e 31 de maio realizarase a avaliación individualizada de 3º curso de educación primaria  que terá carácter informativo e orientador e avaliará a competencia en comunicación lingüística e a competencia matemática. Estas probas aplicaranse  a todo o alumnado que asista ao centro ese día.Teñen máis información no DOG do 5 de maio do 2017.

URXENTE!!! Suspensión de transporte escolar por alerta laranxa.

Tal e como informamos na circular repartida ao alumnado, foinos comunicado desde a Xefatura Territorial de Educación a suspensión do transporte escolar por alerta laranxa de neve entre as 12 horas do día 22 e as 12 horas do día 23 de marzo que afectará ás zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña (na que se sitúa o Concello de Touro). Para aclarar un pouco máis, agora mesmo, a situación é a seguinte:

  • Non se suspenden as clases nin o mércores 22 nin o xoves 23.

  • O mércores día 22: O transporte escolar recollerá ao alumnado nas paradas no horario habitual e levarao ao centro, pero non o devolverá ás casas á saída de clase. As familias deciden a asistencia ou non a clase dos seus fillos e fillas, pero se asisten teñen que pasar a recollelos no centro á saída da escola.

  • Xoves día 23: O servizo de transporte non recollerá ao alumnado nas paradas para levalo ao centro , pero si o devolverá ás súas casas , unha vez que rematen as clases, a todo o alumnado que asista ao centro.

  • Suspéndense as actividades no exterior das instalacións dos centros escolares durante o período de alerta.



Para máis información poden consultar no portal educativo da consellería premendo aquí.

Se houbese algunha outra novidade comunicarémola por este medio.

 

O equipo directivo.

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA DO ALUMNADO

Modelo para xustificación de faltas de asistencia que o alumnado de E. Secundaria debe entregar nos tres días seguintes á súa incorporación ao centro

PROCESO ADMISIÓN CURSO 2017 - 2018

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2017-2018

 Solicitude de admisión(alumnado de novo ingreso)

   Prazo de presentación: do 1 ao 20 de marzo

  Documentación a entregar:

      • Solicitude de admisión: formulario normalizado (ED550B) dispoñible na secretaría do centro, na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na web do centro.

      • Fotocopia do libro de familia onde figure o alumno/a.

      • D.N.I do pai/nai ou titores legais.

      • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de darse o caso.

      • No caso de alumnado con necesidades específicas de apoio, documentación que acredite as circunstancias alegadas.

 

Publicación de admitidos/as:

 Listaxe provisional: 25 de abril.

 Listaxe definitiva: 15 de maio.

  Formalización de matrícula:

 Prazos de formalización:

 Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño

 Educación Secundaria:

 Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo

 Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro

  A normativa reguladora do proceso de admisión, así como os postos escolares vacantes e a oferta de servicios complementarios do centro atópanse dispoñibles no taboleiro do colexio e na páxina web http://www.edu.xunta.es/centros/cpifontediaz

 Para calquera outra dúbida, consultar información na secretaría do centro, no teléfono 981504027 ou no enderezo cpi.fonte.diaz@edu.xunta.es

 

Distribuir contido