Contacontos con Raquel Queizás

Ed. Infantil

Moi ben o pasaron os nosos nenos e nenas coa actuación de Raquel Queizás, que presentou o seu espectáculo Ven a conto.

O sol loce sobre un fermoso ceo violeta. A señora Teresa almorza galletas sen présa, mentras lembra unha brincadeira de cando era nena. Aldariña prepara a mochila cos libros e o medidor de insulina para ir ao colo axiña. Pedro quedou durmido co libro pegado ao couquizo….

Comeza o día en vila Conto. Os paxaros libro cantan: “Había unha vez”.

Xogo a que Conto se chama esa vila na que eu moro, onde os paxaros libro me contan historias dos vecinos e as veciñas. Historias para vencer a soidade, para resolver conflitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos.Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores….

VIII Carreira Popular Concello de Friol

Felipe Barata

O pasado 9 de abril disputouse a VIII Edición da Carreira Popular de Friol, onde como é lóxico, tivemos unha gran presencia de deportistas ó competir na nosa casa. Cun gran abanico de deportistas de todas as idades, a xornada desenrolouse no medio dun gran ambiente deportivo e onde se mesturaba o lúdico co puramente deportivo e competitivo. Nesta ocasión, o noso club tivo un total de 15 pódiums.
Así, na categoría prebenxamín, Pablo López gañaba a proba, mentres que Alejandro Amil acadaba a segunda posición e Iría Díaz conseguía a segunda posición nesta mesma carreira no apartado feminino. Polo que respecta á categoría sub 10, Sabela Sánchez gañaba a carreira e Hugo Penas entraba na terceira posición. Xa na categoría sub 12, Sofía López tamén subía ao máis alto do pódium, mentres que a súa compañeira Susana López lograba a terceira posición. Entre os nenos, David Viña era segundo, e Lucas Roca, terceiro.
Na categoría sub 14, vitoria para Mateo Villar e Ramón Loureiro conseguía a segunda posición na categoría sub 16.
Na carreira absoluta, María Carballido entraba en terceira posición da xeral e segunda da súa categoría, mentres que Ana Hermida e Marcos Lage eran terceiros na súa categoría máster, na que tamén María José Caraballido era segunda.

Mulleres na ciencia

Dep. Matemáticas e Ciencias

O alumnado de 1º de ESO fixo  un traballo, entre os departamentos  matemáticas e bioloxía , onde investigaron e presentaron a mulleres científicas actuais e os seus campos de investigación.

Para expoñelo converteron a estas investigadoras en funko pops dentro das suas caixas.

Pasade a velas!. Están expostas no corredor de 1º e 2º de ESO!

Charla do escritor Francisco Narla

Equipo de Biblioteca

O escritor friolense Francisco Narla, autor de obras tan célebres, como RoninAssur ou Lain, estivo presente no noso colexio para impartir unha charla co alumnado de 2º e 3º de ESO sobre o que significa a creación narrativa e a importancia da mesma na formación dos nenos e nenas, que desfrutaron dunha intervención didáctica dun dos narradores máis aclamados por lectores de todo o mundo. Como dixo o propio Francisco Narla, esperemos que este tipo de accións sirvan para ser cada día un pouco máis amigos dos libros, eses obxectos máxicos que nunca defraudan. Dende o centro agradecemos enormemente a colaboración de Francisco Narla co noso proxecto lector.

Obradoiro prevención

Silvia Souto (Dep. Orientación)

O día 6 de abril, Gerardo, da Asociación Agalure, estivo a conversar co alumnado de 2º e 4º de ESO para sensibilizados sobre os riscos asociados ás redes sociais e ás adiccións sen substacias (videoxogos, xogos ó azar, apostas deportivas, ...)

Visita Equipo de Fútbol Feminino Friol

Felipe Barata

O equipo feminino de fútbol de Friol estivo presente no noso colexio con varias das súas integrantes para compartir co noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria as súas experiencias deportivas como futbolistas de alto nivel, xa que xogan na primeira división do fútbol nacional, levando o nome do pobo por todo o territorio nacional.

Nesta conversa que tiveron cos nosos nenos e nenas, as deportistas incidiron na importancia de desfrutar do deporte, do compañeirismo e nas súas vivencias persoais que esperemos sirvan de estímulo para o noso alumnado para que sigan aprendendo dos valores que emanan do deporte e da actividade física.

Sesións de autodefensa

Dep. Ed. Física

En colaboración co Concello de Friol, o departamento de Educación Física do noso centro organizou unhas sesións de defensa persoal a cargo dunha especialista na materia, que lles ensinou ós nosos nenos e nenas uns conceptos básicos desta especialidade.

Esta actividade se realiza a través dunha liña de axuda do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e todos aqueles alumnos de 5º e 6º de  Educación Primaria, así como o alumnado da ESO, poderán asistir de xeito gratuíto á actividade que se desenrolará no que queda de curso escolar no período de lecer do comedor.

Entroido 2022

Despois de dous anos de ausencia por mor da pandemia do Covid-19, por fin podemos gozar do Festival de Entroido, que tanto arraigo e tradición ten no noso colexio e que os nenos e nenas desfrutan tanto.

Este ano a temática estivo relacionada coa alimentación e participaron todos os cursos  de Infantil, Primaria e Secundaria, que deron colorido a esta xornada festiva que tivo o seu punto final coa queima do meco, obra de Modesto Fernández e o seu alumnado de Plástica de 4º de ESO, como xa é tradición.

Aquí vos deixamos unha mostra das distintas actuacións que tiveron lugar.

Distribuir contido