Visita á Ribeira Sacra

 Teresa Estévez

O día 31 de maio o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO desprazáronse ata o concello de Sober para facer unha das rutas fluviais que ofrece a Deputación de Lugo polo Canón do Sil dende o embarcadoiro de Doade. A paisaxe é indescritible!

Logo do paseo en catamarán xantamos nunha carballeira pretiño do Mosteiro de Cadeiras, un sinxelo exemplar do barroco galego do século  XVIII, e desfrutamos da vista que nos regala o Miradoiro de Cadeiras sobre o río e o seu canón. Incrible!

Para rematar dirixímonos á Reitoral de Gundivós, hoxe transformada nun centro de olería, onde se mantén vivo o ritual da cerámica de Gundivós. Alí, asistimos a creación dunha peza,  que nos regalaron como recordo. Preciosa!

Á volta, fixemos unha paradiña en Monforte. Na Estación de tren despedimos a Zara, que nos acompañou na viaxe.