Carreira Popular de Cospeito

Felipe Barata

Boa actuación dos nosos representantes na Carreira Popular de Cospeito, disputada o pasado 5 de maio, e onde os nosos atletas lograban un total de 8 podiums.
Así, na categoría promesa, Fidel Ares lograba a vitoria nesta proba, seguido do seu compañeiro de equipo Noel VIllarabide. Nesta mesma categoría e no apartado feminino, Eva Freire facíase  coa segunda posición.
Polo que respecta á proba sub 12, Aldara Ceide gañaba con solvencia, mentres que Oihane Gómez lograba a segunda posición. No apartado masculino, Mateo Villar era segundo e o seu irmán Samuel Villar entraba na terceira posición. Por último, na categoría sub 10, Rebeca Vázquez  encaramábase na terceira posición do pódium
.