Campionato Galego de Marcha en Ruta (A Pobra do Caramiñal)

Felipa Barata

O pasado 19 de xaneiro disputouse en A Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de Marcha en Ruta, onde participaron once dos nosos atletas, logrando un fantástico balance de catro podiums e unha gran actuación xeral.

A máis destacada da delegación do noso club foi Nerea Lage, que se facía coa vitoria na categoría sub 18, ademais de facerse coa quinta posición absoluta. A súa compañeira, Vanesa Blanco, tamén tiña unha destacada actuación, logrando o segundo posto e, polo tanto, a medalla de prata dentro da mesma categoría.

Tamén tiveron unha destacada actuación os debutantes Alba Meñán e Borja Arias. Alba lograba o subcampionato autonómico na categoría sub 10 e Borja adxudicábase a medalla de bronce na mesma categoría.

Polo que respecta á categoría sub 12, Lucas Castiñeira quedaba na sexta posición, mentres que Mara Montes era novena e Noa Mouriz finalizaba na décima posición tamén nesta categoría. Por último, Uxía Platero entraba no posto décimo terceiro dentro desta categoría. Xoel Castiñeira acababa no posto duodécimo dentro da categoría sub 14, e Mario Campo, no décimo terceiro. Por último, Eva Freire era quinta na categoría sub 18.