1ª Xornada Copa Deputación de Lugo

Felipe Barata

O pasado 19 de xaneiro disputouse en Lugo a 1ª Xornada da Copa Deputación de Lugo, na cal tomaron parte atletas do noso club das categorías sub 12 e sub 14.
O máis destacado desta xornada foi Alejandro Vargas, que lograría a segunda posición na proba do lanzamento de peso, onde facía unha marca de 8,56 metros. Pola súa parte, tamén tivo un debut moi salientable Mencía Casanova na proba do lanzamento de peso dentro da categoría sub 14, acadando a cuarta posición e mandando o artefacto a 6,52 metros.

Xa entre os sub 12, o máis destacado foi o cuarto posto de Mateo Sánchez, cunha marca de 1,15 metros. Os seus compañeiros de equipo, Ramón Loureiro e Iván Neira, a décima e undécima posición respectivamente, cunha marca de 1,00 metros. Noa Mouriz era quinta tamén na proba de altura, cun rexistro de 1,05 metros. Alexis Castedo non facía marca na proba de salto de altura sub 14 e Aldara Ceide, con 3,19 metros lograba a séptima posición no salto de lonxitude.