Proba clasificatoria campo a través. Lugo

Felipe Barata

O pasado domingo 13 de xaneiro disputouse en Lugo a proba clasificatoria de campo a través para o provincial de Vilalba e onde os nosos representantes lograban un total de 18 podiums.

Así, na categoría benxamín feminino, Rebeca Vázquez lograba a vitoria, mentres que a súa compañeira de equipo, Grace Gainsford se alzaba coa terceira posición. Polo que respecta a parcela masculina, Borja Arias gañaba a carreira e Martín Díaz tamén se subía ó segundo chanzo do pódium.

Dominio dos nosos nenos e nenas na categoría alevín, onde se lograrían cadanseus tripletes, tanto na parcela masculina como feminina. Así, Ramón Loureiro, Samuel Villar e Mateo Villar entraban nestas tres primeiras posicións, e entre as nenas eran Aldara Ceide, Mara Montes e Noa Mouriz quen se facían cos tres primeiros postos.

Por último, na categoría infantil, Mateo Aguiar lograba a vitoria, mentres que Mario Campo entraba na terceira posición. Carla Reija acadaba o triunfo na categoría infantil.

Polo que respecta a categoría de equipos, vitorias do equipo benxamín masculino, do equipo alevín feminino, do alevín masculino A, do infantil masculino e do infantil feminino, así como o segundo posto do equipo alevín masculino B.