Charla sobre riscos e precaucións en Internet dentro do programa Navega con Rumbo

Iván Luís Vázquez, especialista do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), impartiu no noso centro o día 29 de novembro de 2018 dúas sesións divulgativas dunha nova edición do programa Navega con Rumbo, dirixidas ó alumnado E-Dixgal, unha a 5º e 6º de Primaria e outra a 1º e 2º de ESO.

O obxectivo deste programa, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co CPEIG, é concienciar o alumnado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.