XVIII Carreira Popular Ferreira de Pantón

Felipe Barata

O pasado sábado 26 de maio tivo lugar a Carreira Popular de Ferreira de Pantón, onde acudiron varios dos nosos atletas máis xoves e onde se lograban un total de 5 podiums. Así, Mateo Villar lograba a vitoria na categoría A, mentrs que a súa compañeira, Oihane Gómez, facía o propio na mesma categoría, subindo tamén ó máis alto do podium.Na mesma categoría Rebeca Vázquez tamén se facía co segundo chanzo, entrando polo tanto en segunda posición, e na categoría B, Rebeca Arias tamén entraba na segunda posición.

Tamén tomaron parte nesta carreira Héctor Trabado, Borja Arias, Martín Iglesias e Samuel Villar, que tiveron unha boa actuación todos eles.