2º e 3º de Primaria viaxan á Coruña

Javier Sanjurjo

O venres 18 de maio os nenos e nenas de 2º e 3º de primaria fomos de excursión a Coruña para visitar o aeroporto e o acuario.

No aeroporto os bombeiros explicáronnos cal era o seu traballo e fixéronnos unha pequena demostración. A continuación o falconeiro amosounos  a gran importancia que teñen os falcóns e as aguias no aeroporto para evitar accidentes aéreos provocados por outras aves. Para rematar a visita ao aeroporto fomos as instalacións de HELIMER (Helicópteros de Salvamento Marítimo) onde tivemos a oportunidade de subir a un dos seus helicópteros.

Despois de almorzar no Parque de Santa Margarita fomos visitar o acuario no que sen dúbida o animal que máis nos gustou foi Gastón, un impresionante tiburón touro.