XV Memorial Eduardo Fernández Villamarín (Rábade)

Felipe Barata

O pasado sábado 27 de xaneiro disputouse en Rábade unha nova edición da Carreira Popular de dita localidade e onde os nosos atletas lograban un total de 5 podiums.

Así, na categoría A, Grace Gainsford lograba a segunda posición do podium, mentras que a súa compañeira de equipo, Alba Menán, entraba na terceira posición. Polo que respecta á categoría B, Aldara Ceide era segunda e Rebeca Vázquez, terceira. Por último, na categoría C, Samuel Castedo facíase coa vitoria.